Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os virus chegan aos dispositivos móbiles

Os virus chegan aos dispositivos móbiles

Correo-e Imprimir PDF
Varios veciños de Ponteareas denunciaron xa a infección dos seus teléfonos móbiles por mor du virus que se instala a través dunha mensaxe multimedia (MMS).

O título da mensaxe  "Más que amigos" , pode traer efectivamente máis complicacións e gastos que a de "ter un amigo".
Varios veciños denunciaron recentemente perante a Garda Civil un caso de fraude telefónico no que un suposto virus realiza chamadas e conexións a internet gastando o saldo completo no caso dos teléfonos de prepago ou excesivas facturas no caso dos teléfonos de contrato.

Un dos veciños asegura que ante a impasibel mirada da súa compañía que non tentou solucionar o problema veuse no abrigra de denuncialo ante a Garda Civil logo de comprobar que o seu teléfono móbil gastaba o saldos completos en plena noite e sen actividade nengunha. Dende encender o teléfono automáticamente, enviar mensaxes multimedia ou conectarse a internet de forma continuada, ... feitos atribuibles ao suposto virus informático instalado a través da descarga da mensaxe multimedia "Más que amigos".

No ano 2000 a BBC difundía a noticia do primeiro virus informático en dispositivos móbiles que o que facía era enviar mensaxes de texto SMS indiscriminadamente.