Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia

Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia

Correo-e Imprimir PDF

Nova Escola Galega organiza para o mes de novembro unha exposición permanente dos museos galegos que posúen Dpto. de Educación ou Programación Educativa estable.
A exposición estará situada no claustro do Museo do Pobo Galego no mesmo horario de visita do propio museo e con entrada de balde.
As xornadas celebraranse os catro sábados do mes de novembro e terán como obxectivos reflexionar e analizar as posibilidades educativas dos museos galego, difundir as actividades educativas que se están a desenvolver dende os
museos galegos, e crear un espazo de experiencias e intercambio entre os diferentes profesionais que están relacionados dun xeito ou de outro coa pedagoxía museística....
A través da exposición e xornadas Nova Escola Galega pretende axudar a difundir e a potenciar as actividades educativas dos museos.