Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Salvemos Monteferro traballa nas tarefas de rexeneración en Belesar.

Salvemos Monteferro traballa nas tarefas de rexeneración en Belesar.

Correo-e Imprimir PDF
Dende o pasado luns, doce voluntarios e voluntarias de de Salvemos Monteferro traballan na rexeneración do monte de Belesar,
integrados nun grupo de máis de trinta persoas coordinadas pola brigada de operarios da Comunidade de Montes do Val Miñor, dentro do voluntariado en defensa do monte galego.

A súa misión é tratar de evitar a erosión que poidan producir as choivas, nunha extensión de 200 hectáreas do que antes foi toxeira, monte baixo, e resultou totalmente calcinado no mes de agosto.

O grupo de voluntariado tamén esta composto por membros do grupo Alborada de Vigo, e un grupo de persoas que acoden título particular.
Máis información sobre voluntariado www.salvemosmonteferro.org