Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os grupos ecoloxistas de Galicia sairán a rúa o domingo

Os grupos ecoloxistas de Galicia sairán a rúa o domingo

Correo-e Imprimir PDF
Galiza non se Vende
Co lema "Galiza non se vende. Terra viva e vida digna para tod@s"  máis de 30 grupos e colectivos ecoloxistas e veciñais sairán á rúa este sábado 6 de maio en Santiago para elevar a voz de alarma sobre o impacto que sufre o territorio galego pola presión urbanística, a deforestación masiva e as novas instalacións emperesariais en territorios protexidos como o caso do Caurel.
A manifestación partirá ás 12:00h dende a praza da Alameda ata a praza de Quintana. Dende alí a actriz galega Mabel Ribera leera un manifesto asinado por multitude de persoeiros das artes, música, educación, letras,...

MANIFESTO - A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos. ... Ata o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.

Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos temos que acelerar ese final.

Pensamos que a actual Xunta de Galicia e que os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.

Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!

A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerza realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.


Asinan:

* Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor e catedrático. Académico.
* Darío Xohan Cabana. Escritor. Académico.
* Xosé María Álvarez Cáccamo. Escritor.
* Antón Santamarina Fernández. Académico e catedrático USC.
* Pedro de Llano. Arquitecto.
* Francisco Fernández Rei. Académico e catedráico USC.
* Gustavo Luca de Tena. Xornalista.
* Francisco Sampedro. Filósofo, ensaísta.
* Margarita Ledo Andión. Directora de cine. Catedrática USC.
* Antón Seoane. Músico e psiquiatra.
* Suso de Toro. Escritor.
* Xaquín Marín. Debuxante.
* "Berrogüetto". Grupo musical.
* Mabel Ribera. Actiz.
* Manuel Rivas. Escritor.
* Agustín Fernández Paz. Escritor.
* Marilar Aleixandre. Escritora.
* Carmen Nogueira. Artista plástico.
* Anxo Angueira. Escritor.
* Gonzalo Navaza. Escritor e catedrático UVigo.
* Antón Cortizas Amado. Mestre e escritor.
* Xosé Manuel Souto González. Doutor en Xeografía. Catedrático.
* Ramón Lorenzo Vázquez. Académico e catedrático USC
* Xosé Miranda. Escritor.
* Pilar Faxil. Documentalista.
* Xabier Cordal. Escritor.
* Iván Prado. Pallaso internacional.
* Juan Carlos Román. Artista plástico.
* X. Antón L. Dobao. Escritor.
* Fran Alonso. Escritor.
* Elvira Riveiro Tobío. Escritora.
* Manuel Seixas. Profesor. Escritor e músico.
* Fon Román. Músico.
* Xavier Senín. Catedrático.
* Xoan Anleo. Artista plastico.
* “Lamatumbá”. Grupo musical.
* Alba Nogueira. Profesora Titular de Dereito Administrativo USC.
* Ángeles Castro Dapena. Arquitecta.
* Mª Carmen Fernández Rodríguez. Deseñadora.
* Xabier Vence Deza. Catedrático de Economía USC.
* Mª Xosé Lázare Fouce
* Camiño Noia Campos. UVigo.
* Xulián Maure Rivas. Profesor e escritor
* Xaime Nogueira Meixe. Libreiro.
* Xosé M. García Crego. Técnico editorial.
* Carme Hermida Gulías. Profesora Xornalismo USC.
* Xoán Hermida. Director de Amarante.
* Pedro Agrelo Balado. Deseñador.
* Delfín Blanco Rodríguez. Escultor.
* Fernando López-Quiroga Teijeiro. Deseñador.
* Daniel Hernández Ruiz, fundador de Jóvenes Verdes.
* Daniel Caxigueiro. Escultor.
* Xermán A. Refojo. Artista plástico.
* Suso Lista Neira, Actor.
* Xabier P. DoCampo. Escritor.
* Xosé Luís Regueira. Profesor Filoloxía USC.
* Xosé Manuel Eyré. Crítico literario.
* Xosé Henrique Costas. Catedrático UVigo.
* Xosé A. Laxe Martiñán. Músico.
* “Dakidarría”. Grupo musical.
* Jorge Salgado Cortizas. Arquitecto.
* Alberte González Rodríguez. Arquitecto
* Francisco X. Redondo Abal. Bibliotecario e investigador.
* Amparo Solla González UVigo.
* Manuel Igrexas. Historiador.
* Lourdes Pérez González
* Iñaqui Solla Covelo. Bibliotecario
* Xosé A. Fernánez Salgado. UVigo.
* Uxío-Breogán Diéguez. Historiador.
* Ana Iglesias Álvarez. UVigo.
* “Skacha”. Grupo musical.
* Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón
* Xavier Blanco. Mestre de gaitas, Moaña
* Mª Teresa Bermúdez Montes. UVigo.
* Mariano Abalo. Funcionario.
* José Ángel Carreira Montes. Arquitecto.
* Juan José Soto Vidal. Funcionario.
* Manuel S. Fernández Álvarez. UVigo.
* Brais González Pérez. Escritor.
* “Soak”. Grupo musical.
* Moncho Leal. Mestre.
* Xosé Luís Santos Cabanas.
* Xoán Manuel Estévez Freijeiro.
* Aitor Rivas. Profesor.
* Fátima Ferreira Golpe
* “Skarnio”. Grupo musical.
* Manuel Vidal Villaverde. Escritor.
* Fidel Diéguez Díez. Profesor.
* Mercedes Martínez Fernández
* Natanael L. Caeiro
* Mon G. Buhigas
* Emma Lázare.
* Jorge Salvador Fernández
* Pablo C. Rielo Rodríguez
* Óscar Antón
* Emilio García Lorenzo
* Rafael Balado Merino
* Carlos E. Ríos Regueira
* Xosé M. Felpeto Enríquez
* Manuel Fernández González. Arquitecto.
* José Díaz Vieites. Arquitecto.
* Manuel Lamas Castro. Serígrafo.
* Gonzalo Velasco Vieiro. Pintor, grabador.
* Coanhadeira. "Grupo musical".
* Daniel Caxigueiro. Escultor.
* Gonzalo Blanco Vazquez.
* Sara Sánchez Piñeiro. Filóloga.
* Iago Garcia-Echave Puente, Arquitecto.
* Mª Carmen Álvarez Domínguez, Presidenta de “VERDUXO”.
* Aser Álvarez, presidente da ACEDR Arraianos.