Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Xornadas sobre o Cambio Climático

Xornadas sobre o Cambio Climático

Correo-e Imprimir PDF
O dirario anglosaxón "The Independent", abría hoxe a portada do seu periódico coa noticia do abrollo dunha nova illa en Groenlandia.Uunartoq Qeqertoq será o nome desta nova illa, froito do cambio climático que está a mudar o planeta.

Nesta liña, os CAEF organizan para os días 25 de abril, 2, 4 e 9 de maio,as Xornadas sobre o Cambio Climático.
A iniciativa pretende achegar a afondar nun problema que xa é presente e que esta mudando a vida no noso planeta. As xornadas debatirán sobre as causas e efectos do cambio climático, as alternativas enerxéticas aos combustibeis fósiles, o protocolo de Kyoto en Galiza e o debate sobre a enerxía nuclear.

O acceso ás xornadas é libre, a máis de ofrecer 1 crédito de libre elección aos estudantes da Universidade de Vigo.


PROGRAMA

O Cambio Climático, causas e efectos.
Día 25 de abril ás 10:00
10:00 Inauguración das xornadas. Intervirán:
• Iván Area (Vicerreitor de Relacións Institucionais).
• Maria do Carmen Cabezas (Vicerreitora de Extensión Cultural e Estudantes).
• Manuel Reigosa Roger (Vicerreitor de Investigación).
10:15 Proxección do filme "Una verdad incómoda" (de Al Gore).
11:45 Descanso.
12:00 Mesa redonda coa participación de: 
• Federico Vilas Martín (Catedrático da Área de Estratigrafía).
• Gabriel Rosón Porto (Profesor Titular da Universidade de Vigo, Decano da Faculdade de CC. do Mar).
• Manuel Reigosa Roger (Doutor en Bioloxía, Licenciado en Filosofía, Catedrático de Fisioloxía Vexetal, Vic. de Investigación).
• Bernardino González Castro. (Profesor Titular da Universidade de Vigo). 
14:00 Fin da 1ª Xornada.

Alternativas enerxéticas aos combustíbeis fósiles(I).
Día 2 de maio ás 10:00
10:00 Presentación de Anxo Ramón Calvo Silvosa (Director Xeral de
Industria, Enerxía e Minas).
10:15 Conferencia a cargo de Anxo Ramón Calvo Silvosa.
11:45 Descanso.
12:00 Presentación de Anxo Manuel Sánchez Bermúdez (Vicerreitor de Novas
Tecnoloxías e
Calidade).
12:15 Conferencia a cargo de Anxo Manuel Sánchez Bermúdez.
14:00 Fin da xornada.

Protocolo de Kyoto e situación en Galiza.
Día 2 de Maio ás 16:00
16:00 Presentación de Emilio Manuel Fernández Suárez (Director Xeral de
Desenvolvemento Sostibel).
16:15 Conferencia a cargo de Emilio Manuel Fernández Suárez.
17:45 Descanso.
18:00 Presentación de Xoán Ramón Doldán García (Director do Inega).
18:15 Conferencia a cargo de Xoán Ramón Doldán García.
20:00 Fin da xornada.

Alternativas enerxéticas aos combustíbeis fósiles(II).
Día 4 de maio ás 10:00
10:00 Presentación de Experto en Biocombustibeis.
10:15 Conferencia a cargo de Experto en Biocombustibeis.
11:45 Descanso.
12:00 Presentación de Experto en Enerxía Xeotérmica.
12:15 Conferencia a cargo de Experto en Enerxía Xeotérmica.
14:00 Fin da xornada.

A enerxía nuclear... Solución?
Día 9 de Maio ás 10:00
10:00 Presentación de Conferenciantes:
• Manuel Fernández Ordóñez (Representante de Jóvenes Nucleares).
• Representante de organización ecoloxísta.
10:15 Charla-Coloquio.
12:15 Descanso.
12:30 Conclusións das Xornadas.
12:15 Acto de clausura e entrega de diplomas.
14:00 Fin da xornada.

Máis iformación no correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo