Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Roteiro de sendeirismo pola Groba dende Belesar á Chan da Lebre co Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF

belesarEste mércores 20 de xullo ás 18:00 horas dende a  Praza de Abastos de Sabarís, parte unha nova xeira do Instituto de Estudos Miñoranos con destino a Groba: De Belesar á Chan da Lebre. Nesta oportunidade os guías serán  Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre.

A concellería de turismo de Baiona pon en marcha as "rutas ambientais" pola vila

Correo-e Imprimir PDF
A ruta repetirase durante o mes de agosto.

A concellería de turismo de Baiona programa para o vindeiro 22 de xullo, unha ruta ambiental que pretender dar a coñecer tanto a visitantes como a residentes, o patrimonio natural e etnográfico das súas parroquias. Os puntos a visitar serán: a senda fluvial dos muíños de Baredo, onde se dará aos asistentes información sobre a función destes muíños, á vez que se poderá visitar un deles. O miradoiro de Cabo Silleiro será outros dos puntos de visita desta ruta que culminará cunha visita ao encoro e contorna do río Baíña e os petrogrlifos de Outero dos Lameiros, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

Coñecendo a Arte Rupestre Galega có Instituto de Estudos Miñoranos: Parque de Tourón.

Correo-e Imprimir PDF
O arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) presentará as súas novas pescudas na Arte Rupestre en Pontecaldelas.

Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor organizadas polo Instituto de Estudos Miñroranos, visitarase os Petróglifos de Tourón no concello de Pontecaldelas. O punto de encontro será o Centro de Interpretación de Arte Rupestre do Parque Tourón, este venres 15 ás 22:30 horas. A actividade tamén atópase no marco da II Festa de exaltación da Arte Rupestre de Pontecaldelas.

O Concello de Gondomar abre curso gratuíto de Office Básico para mulleres desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

mujer_con_pcO Centro de Información a Muller (CIM) de Gondomar a partir do vindeiro  9 de agosto dará comezo un curso (gratuíto) chamado: "OFFICE BÁSICO: WORD E POWER POINT". Este curso (de 30 horas de duración) está destinado preferentemente a mulleres desempregadas e demandantes de emprego, onde se lles proporcionará coñecementos básicos sobre os programas de Word e Power Point.O prazo de inscrición rematará o vindeiro 2 de agosto.

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar presenta a nova directiva.

Correo-e Imprimir PDF
As Mulleres Rurais de Gondomar presentan a súa nova directiva na Casa da Cultura.

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar presentará a súa nova directiva nun acto a desenvolverse na Casa da Cultura de Gondomar (Rúa Portugal, nº2, 2ª andar), este venres 15 de xuño a partir das 20 horas. Esta organización presidida por Yolanda Santos López é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fins "a defensa dos intereses sociais e culturais das asociadas, a mellora do seu medio de vida e promoción das familias do medio rural dende as súas actividades como agricultoras, amas de casa e nais de familia".

Visita nocturna aos petróglifos de Auga da Laxe organizada polo IEM.

Correo-e Imprimir PDF

Pedra-das-procesinsO vindeiro mércores 13 terá lugar unha saída nocturna organizada polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM)para visitar os petróglifos de Auga da Laxe, na parroquia de Vincios, Gondomar. Neste complexo de arte rupestre terase a posibilidade de observar a "Pedra das Procesións", un dos paneis da arte rupestre galega máis importantes. A mesma contén unhas trinta representacións de armas que comprenden alabardas, puñais, espadas e escutiformes nunha superficie inclinada de 10 x 5 metros, o máis grande dos coñecidos no continente europeo.

Visitas guiadas e gratuítas pola Fortaleza de Monterreal, a lonxa e casco vello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baiona_WinCEA partir do 12 de xullo, os visitantes de Baiona poderán coñecer a pé os lugares máis emblemáticos da Vila a través dun conxunto visitas gratuítas que se realizarán os martes, xoves e sábados. Os martes consistirá en realizar o percorrido polas murallas da Fortaleza de Monterreal. Os xoves, os participantes realizarán un percorrido guiado pola fachada marítima que terminará coa visita á lonxa, onde poderán coñecer de primeira man o seu funcionamento e comprobar a variedade de especies capturadas polos mariñeiros. Esta é unha iniciativa nova que se pon en marcha tras comprobar o gran interese que o mundo do mar suscita entre os turistas que visitan a Vila.

Visita nocturna ao Eco Parque de Monte Tetón cun percorridos polos petróglifos a cargo do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

monte-tetnContinúan as Xeiras 2011 que organiza o Instituto de Estudos Miñoráns. Dentro das Xeiras "Alén Miñor", saídas fora da bisbarra do Val Miñor, visitarase os Petróglifos de Monte Tetón, no concello de Tomiño, situado no Eco Parque de Monte Tetón, nos montes da Comunidade de Montes de Tebra. A visita será o vindeiro venres, 8 de xullo ás 22:00 horas. O punto de encontro será a Casa do Concello de Tomiño.

Chega o balonmán as praias do Val Miñor co primeiro "Torneo Máster Nigrán".

Correo-e Imprimir PDF
Javier Alvarez (FGB), alcalde Alberto Valverde,  concelleira Liliana Silva e  Pablo Dominguez (organización do evento).

O I Circuíto Galego de Balonmán Praia se celebrará esta fin de semana en Nigrán baixo o nome de "Torneo Máster Nigrán". Este evento enmárcase no I Circuíto Galego de Balonmán Praia, organizado pola Federación Española de Balonmán Praia e a Federación Galega de Balonmán Praia, en colaboración co Concello de Nigrán. As probas terán lugar os días 9 e 10, nun torneo que será o único puntuable para o campionato de España de todos os torneos de balonmán praia que se celebran en Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL