Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A concellería de turismo de Baiona pon en marcha as "rutas ambientais" pola vila

A concellería de turismo de Baiona pon en marcha as "rutas ambientais" pola vila

Correo-e Imprimir PDF
A ruta repetirase durante o mes de agosto.

A concellería de turismo de Baiona programa para o vindeiro 22 de xullo, unha ruta ambiental que pretender dar a coñecer tanto a visitantes como a residentes, o patrimonio natural e etnográfico das súas parroquias. Os puntos a visitar serán: a senda fluvial dos muíños de Baredo, onde se dará aos asistentes información sobre a función destes muíños, á vez que se poderá visitar un deles. O miradoiro de Cabo Silleiro será outros dos puntos de visita desta ruta que culminará cunha visita ao encoro e contorna do río Baíña e os petrogrlifos de Outero dos Lameiros, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa.

O concello porá a disposición dos usuarios un microbús de 30 prazas que sairá ás 10 da mañá desde a Oficina de Turismo situada no Paseo da Ribeira e a duración aproximada da ruta será de dúas horas e media.

A viaxe pola contra terá un custo de 3 € por persoa, excepto os menores de 6 anos para os que será de balde. As inscricións realizaranse no horario da Oficina de Turismo (L - V  de 10-15h e 16 a 21h) . O aforo mínimo para levar a cabo a ruta será de 10 persoas.

Dende a concellería de turismo de Baiona apuntan a intención de repetir a mesma ruta os días 5, 12 e 26 de agosto.