Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Roteiro de sendeirismo pola Groba dende Belesar á Chan da Lebre co Instituto de Estudos Miñoranos.

Roteiro de sendeirismo pola Groba dende Belesar á Chan da Lebre co Instituto de Estudos Miñoranos.

Correo-e Imprimir PDF
belesar

Este mércores 20 de xullo ás 18:00 horas dende a  Praza de Abastos de Sabarís, parte unha nova xeira do Instituto de Estudos Miñoranos con destino a Groba: De Belesar á Chan da Lebre. Nesta oportunidade os guías serán  Xosé Ramón García e Xilberte Manso de la Torre.

Trátase esta vez dun roteiro de sendeirismo no que subirase desde o Colexio Público de Sabarís (150 m de altitude) ata chegar ao Chan ou Alto da Lebre (630 m), un dos cumes da Groba. Visitarase vellos camiños -posiblemente romanos-, con vistas espectaculares "e farémonos donos do espírito do territorio coñecendo os seus topónimos". Dado o longo do percorrido, a volta será en autobús. Prezo, do autobús 3 euros. Non é preciso anotarse para baixar no bus.