Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar presenta a nova directiva.

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar presenta a nova directiva.

Correo-e Imprimir PDF
As Mulleres Rurais de Gondomar presentan a súa nova directiva na Casa da Cultura.

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar presentará a súa nova directiva nun acto a desenvolverse na Casa da Cultura de Gondomar (Rúa Portugal, nº2, 2ª andar), este venres 15 de xuño a partir das 20 horas. Esta organización presidida por Yolanda Santos López é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fins "a defensa dos intereses sociais e culturais das asociadas, a mellora do seu medio de vida e promoción das familias do medio rural dende as súas actividades como agricultoras, amas de casa e nais de familia".

Ao final do acto terá lugar un "vino español". Por máis información pode consultarse o perfil na rede Facebook da asociación.