Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Comeza a XVIII Semana Cultural do C.C.D. Bolos da Carrasca

Correo-e Imprimir PDF

Este martes 9 de agosto comeza a XVIII Semana Cultural do C.C.D. Bolos da Carrasca, en Parada, organizada en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, e prolongarase ata o vindeiro venres 12. Nesta semana o C.C.D. Bolos da Carrasca ofrecerá de forma gratuíta distintas alternativas de lecer, todas elas a partir das 21.00 horas.

Últimas prazas para curso de Auxiliar de Enfermería brindado polo Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

enfermeriaA Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar informa sobre a dispoñibilidade das últimas prazas do curso de Auxiliar de Enfermería en Geriatría. O devandito curso está dirixido a persoas desempregadas, cuxo requisito necesario é posuír formación na rama sanitaria.

María Díaz e María Iglesias, gañadoras das 4 entradas para os concertos de Son de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
RAGDOG, MIGUEL COSTAS, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS e IVAN FERREIRO este 6 de agosto ás 22:30h no auditorio de Castrelos en Vigo

Finaliza o sorteo das 2 entradas dobres para os concertos do festival Son de Vigo con RAGDOG, MIGUEL COSTAS, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS e IVAN FERREIRO este sábado 6 de agosto ás 22:30h no auditorio de Castrelos en Vigo.

María Díaz e María Iglesias gañadoras  no sorteo realizado o venres ás 23:45h, unha vez finalizado o prazo da convocatoria do concurso en Facebook.

Remodelación da web da Axencia Galega das Industrias Culturais con novas prestacións aos usuarios.

Correo-e Imprimir PDF

web-agadicA Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo estrea nova páxina web que, mantendo o seu enderezo www.agadic.info, actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida a novas seccións multimedia, ás redes sociais e aos contidos de actualidade xerados polo propio sector.

Corenta e sete orixinais concorren ao IV Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-IV-Premio-Victoriano-TaiboO pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e sete obras, cifra similar, aínda que algo superior  á das anteriores convocatorias. O fallo farase público nos primeiros días de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

Fútbol e teatro para o primeiro venres de agosto en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O venres 5 de agosto a partir das 18.00 horas comeza na praia de Panxón o I Torneo de Fútbol Interpraias Nigrán-Sanxenxo, organizado pola concellaría de Turismo, Cultura e Deporte en colaboración coa asociación Ocio y Playa. Hoxe (o venres) disputaranse os encontros da categoría xuvenil e o sábado 6 de agosto os de adultos. A gran final do torneo terá lugar o domingo 7 de agosto a partir das 17.30 horas.

Cursos de formación online para mulleres no CIM de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

O prazo de inscrición remata o próximo 26 de agostoO Centro de Informacion a Muller da Concelleria de Igualdade do Concello de Gondomar informou onte a oferta formativa on-line que dará comezo a finais deste mes de agosto.

Cursos de Windows e internet, contabilidade, deseño, ofimática  e inglés, serán o abanico de formativo para esta convocatoria.

Este sería o terceiro ano na que o CIM organiza estes cursos baixo esta modalidade de formación en liña, que permite unha maior flexibilidade para o alumnado dos cursos. Ao igual que edicións anteriores os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación cada un, e estarán destinados para mulleres empregadas e desempregadas.

Abertos prazo de inscrición curso de "Creación de Blogs" en OMIX Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

blog_logo_wordpressA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do curso de "Creación de Blogs", que se celebrará durante o próximo mes de setembro no Centro Neural.

Aberto o prazo de inscrición do curso "Taller de Coiro" organizado pola OMIX en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

cuero_22160A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar, abriu o prazo de inscrición do "Curso de Coiro", pertencente o Plan de Acción Municipal, que se celebrará durante o próximo mes de setembro e outubro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL