Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Cursos de formación online para mulleres no CIM de Gondomar

Cursos de formación online para mulleres no CIM de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
O prazo de inscrición remata o próximo 26 de agosto

O Centro de Informacion a Muller da Concelleria de Igualdade do Concello de Gondomar informou onte a oferta formativa on-line que dará comezo a finais deste mes de agosto.

Cursos de Windows e internet, contabilidade, deseño, ofimática  e inglés, serán o abanico de formativo para esta convocatoria.

Este sería o terceiro ano na que o CIM organiza estes cursos baixo esta modalidade de formación en liña, que permite unha maior flexibilidade para o alumnado dos cursos. Ao igual que edicións anteriores os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación cada un, e estarán destinados para mulleres empregadas e desempregadas.

A oferta formativa deste ano será:

  • Windows 7 e Internet
  • Xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus
  • Deseño: Creación de páxinas Web, Deseño Gráfico e Deseño Publicitario.
  • Ofimática: Microsoft Office 2007
  • Idiomas: Inglés inicial e Inglés intermedio

Para poder participar nun destes cursos hai que inscribirte no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224,  ou nos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ata o día 26 de agosto.