Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Sargadelos de #Baiona acolleu unha noite de música e poesías co “Verbas Cum”

Correo-e Imprimir PDF

luis dominguez sargadelosA escritora Isabel Blanco-Rivas e a ilustradora baionesa Irene Silva presidiron "Verbas Cum", festival poético que tivo lugar na Galería Sargadelos de Baiona.

Ao abeiro da exposición "Olladas do mar", na Galería Sargadelos de Baiona, a Editorial Belagua e a escritora Isabel Blanco-Rivas proxectaron este festival poético baseado na súa obra Verbas cum, ilustrado por Irene Silva.

Curso gratuíto de tapas, petiscos e canapes do Programa Actívate en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

canapesA Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, e a Deputación de Pontevedra, a través do Programa Actívate, organizan un curso de Tapas, Petiscos e Canapés de 40 horas de duración en Baiona.

O curso é totalmente gratuíto e o prazo de inscrición está aberto ata o 4 de setembro de 2015, donde terán preferencias as persoas de entre 16 a 35 anos empadronadas en Baiona.

As persoas que non cumpran estes requisitos poderán anotarse na lista de espera.

O IEM organiza un histórico concerto de campás nas igrexas da vila de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

campas baionaO vindeiro sábado, 15 de agosto de 2015, celebrarase na Vila de Baiona de Miñor un acto singular e histórico. Por primeira vez e nun só día as súas campás falarán para comunicar como o fixeron ao longo da Historia os acontecementos que ían ocorrendo na Real Vila.

Comezará ás 18:00h diante da Capela de Santa Liberata onde, despois duns pequenos apuntes históricos sobre ela, o campaneiro abrirá a xornada cos toques que neste santuario se realizaban. Continúa cunha ruta circular polo Casco Vello, até a capela baixo a advocación de San Xoán do Castelo, cuxo modesto interior poderase ollar, xa que permanece pechada todo o ano a excepción da Semana Santa e o día do seu patrón.

Instálase unha feira de antigüidades en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

rastroO paseo marítimo de Panxón acollerá durante todo o sábado unha feira de antigüidades organizada polo Concello de Nigrán.

Dende o Concello sinalan que se decidiu repetir o evento "despois do éxito que tivo a que se organizou en xullo na alameda de San Campio, na Ramallosa".

Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

snopA fábrica de estampado dedicada á automoción foi a primeira en instalarse en 2011 nunha parcela de 28.913 m2 cunha superficie construída de 11.000 m2 aos que agora sumará outros 5.954 cunha inversión de 1.531.,363 €

O número de empresas arrendatarias no polígono elévase a 76, das que 65 xa están activas e xerando 517 empregos; outras 11 están en proceso de instalación e xerarán 231 postos

Con obradoiros artesáns, mostras plásticas e percorridos guiados comeza a Semana da Cultura en Peitieiros.

Correo-e Imprimir PDF

adro peitieirosO Centro Cultural de Peitieiros inicia este domingo a III Semana Cultural que precede o XXII Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 22 de agosto, ás 20 horas.

O pase da histórica As nosas festas de alá (José Gil, 1928) un dos documento fílmico máis antigos do Val Miñor, dará comezo aos actos.

Un selecto grupo de artistas e artesáns do país achegarán as súas obras en exposicións e obradoiros ao longo da semana.

Este venres terá lugar a tradicional Xeira “Noite de estrelas e lobos”, na Serra da Groba

Correo-e Imprimir PDF

montouto2Continúan as Xeiras 2015 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta venres 14 de agosto, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha "Noite de estrelas e lobos" na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona). O punto de encontro será no merendeiro de Chan da Lagoa ás 20 horas. Non é necesaria a inscrición previa.

A andaina dará comezo ás últimas horas da tarde e as primeiras da noite polos cumios da Serra da Groba, unha das principais barreiras orográficas máis altas de Galicia á beira do mar. Faranse paradas en tres sitios distintos. Dende A Poza Negra rumbo A Chan da Gabiñeira e dende O Alto do Campo de Lobo se mirará A Boca da Groba onde falarase de hidronimia e lindeiros administrativos.

Comeza a 5ª edición do Festivla Novo Circo en #Nigrán. Homenaxe a “Juan Juanín”

Correo-e Imprimir PDF

Novo Circo2O Concello de Nigrán programa dende mañá venres ao domingo a quinta edición do festival Novo Circo con catro actuacións en diferentes ubicacións. Pallasos, acróbatas, trapecistas e malabaristas de recoñecido prestixio se darán cita no municipio nunha primeira representación o venres ás 20,30 horas no paseo de Panxón, o sábado con dobre sesión en Panxón (20,30) e na Praza do Concello (23,00 horas) e, finalmente, o domingo en Praia América (xunto a escola de vela). Trátase dun espectáculo familiar e para disfrutar de xeito distendido, por iso se recomenda aos asistentes acudir con coxíns ou toallas para sentarse directamente no chan.

Castro e Ladeira organiza un festival solidario en #Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

popin colaboradorA Asociación Veciñal Castro e Ladeira organiza o vindeiro sábado 5 de setembro un festival solidario co Banco de Alimentos de Vigo. O acto terá lugar no Mercado de Sabarís e constará dun espectáculo coa participación do Payaso Popin e a seguir o grupo Algarada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL