Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O Concello de Nigrán organiza unha excursión a Termatalia

Correo-e Imprimir PDF

termataliaO Concello de Nigrán organiza unha nova excursión a Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Termalismo, Talasoterapia e Spa en Ourense, o 26 de setembro. A excursión partirá ás 10,00 horas dende a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón, para chegar ás 11.00 a Ourense.

Un taller de reparación e venda de vehículos recibe autorización para instalarse en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

empresarios-taller-vheiculosA xunta de goberno local outorga licenza para a construción dun taller de reparación e venda de vehículos seminovos en Porto do Molle

A empresa ingresa no polígono nigranés “atraída polas súas facilidades e pola próxima instalación dunha ITV”, salientan dende a administración local.

Contará inicialmente con seis empregados e dispoñerá do primeiro banco de potencia en toda a provincia de Pontevedra

“Gondomar en contacto”: Danza e natureza únense nunha nova experiencia de coñecemento.

Correo-e Imprimir PDF

claraO evento propón unha mestura de danza e actividades ao aire libre a desenvolver no concello de Gondomar. Organizado pola Asociación de Danza Gondomar, contará coa coordinación dos profesores José Rodríguez e Noé Vatierra.

O colectivo “ViGa” renova a mostra de arte no Mercado da Tía Ni en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

victor-lorenzo-4Até finais de setembro poderá visitarse a mostra de arte dos creadores Víctor Lorenzo e Gabi Carrera. Instalada no Mercado de la Tía Ni, a exposición estará aberta de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Presentan novos cursos da Antena Cameral da Cámara de Comercio en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

antena-josue-pacoO Concello de Gondomar e a Antena Cameral da Cámara de Comercio, neste municipio, presentar unha serie de curso que contarán co respaldo dun convenio cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Xunto co Concello de Gondomar sinalan que están a  traballar “para dar resposta á demanda formativa do tecido empresarial da zona”.

Nese senso esta semana presentouse o programa de formación  empresarial para o último cuadrimestre do ano.

Suspendida e trasladada ao 19 de setembro a Xeira Marítima do IEM a Illa de Ons.

Correo-e Imprimir PDF

Por razoes meteorolóxicas a Xeira Marítima prevista para este sábado 12 de setembro suspéndese. O Instituto de Estudos Miñoranos comunica que a mesma pasará nos mesmos horarios e condicións para o seguinte sábado 19 de setembro.

Xardín desordenado en formato dúo, presenta o novo disco "Aprendendo a ladrar".

Correo-e Imprimir PDF

xardin-desordnado900O venres día 11 de Setembro, ás 20:30 horas, Marlene Rodrigues e Santiago Ferragud (as voces de Xardín desordenado) achegaranse até a Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar), para presentar este novo proxecto nunha versión íntima e moi emotiva.

Curso de cestería en palla de centeo na parroquia de Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

cesteria-chandebritoA Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado "Cestería en palla de centeo (III"), coas seguintes características:
-Técnica: cosido en espiral con palla de centeo.

Nova entrega de alimentos de Castro e Ladeira ao Banco de Alimentos de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

bancoalimentoA Asociación de Veciños " Castro e Ladeira " de Sabarís entrega ao Banco de Alimentos de Vigo co que colabora, preto de 150 kg. de comida non perecedoira.

A mesma é resultado da doazón dos asistentes ao " II festival solidario", organizado pola asociación na tarde- noite do sábado pasado, cunha gran asistencia e un entrañable ambiente solidario.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL