Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

#Baiona dá a coñecer as bases da convocatoria para axudas de apoio á infancia.

Correo-e Imprimir PDF

concello baionaO programa de axudas de apoio á infancia atópase no marco do programa de axudas básicas de emerxencia do Concello.

Segundo dá coñecer a administración están dispoñibles 8.000 mil euros concedidos en abril pola Deputación de Pontevedra para atender as demandas de persoas empadroadas no concello "en especial situación de exclusión social" e con especial atención a aquelas con menores a cargo até un máximo de 1.000€ por unidade familiar.

O Ministerio de Educación convoca as becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016

Correo-e Imprimir PDF

Universidad de VigoA Secretaría do Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, convoca ás becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016 para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

“Cóntame un contiño” : andaina guiada por Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

sendeiro2-chandebritoO Concello de Nigrán organiza este xoves unha ruta por Chandebrito con título 'Cóntame un contiño', con saída ás 18.30 horas dende o Torreiro das festas da parroquia. Tamén haberá caravana dende a porta do Concello Nigrán. Trátase dunha ruta circular de 6 km e dificultade baixa cunha duración estimada de 2,5 horas.

O Octeto Vocal Voces del Más Acá fai escala en #Baiona para un único concerto

Correo-e Imprimir PDF

asomate-coroPosteriormente partirá para participar nas XVI Xornadas Corais de Santoña en Santander.

O Octeto Vocal Voces del Más Acá, convidado por terceira vez consecutiva, ao Festival Internacional Coral de Santoña en Santander, fai unha parada no Val Miñor, onde pasan unas xornadas de ensaios e gravacións, para realizar unha única actuación este venres 14, na terraza do Asómate en Baiona a partir das 22.30 h con entrada de balde.

A Galería Sargadelos de #Baiona acolle o recital poético e musical “Verbas Cum”.

Correo-e Imprimir PDF

irene silvaAo abeiro da exposición "Olladas do mar", na Galería Sargadelos de Baiona, a Editorial Belagua e a escritora Isabel Blanco-Rivas organizan un festival poético baseado na súa obra Verbas cum, ilustrado por Irene Silva.

Estarán acompañadas por un nutrido grupo de artistas, que porán música e voz aos poemas de Isabel Blanco, mais tamén leranse poemas de outros autores e autoras que teñan o mar como referencia. Será o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas .

O colaborador de Cuarto Milenio, Antonio Piñeiro, presenta a novela “El trono Maldito”. #Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Antonio-Pinero-Jesus-proclama-feminista MDSVID20140216 0067 7A Capitanía Marítima de Baiona acollerá a presentación da novela histórica El trono maldito, contextualizada na época de Xesús de Nazaret. A obra, recentemente publicada polos catedráticos José Luis Corral (Historia Medieval, Zaragoza) e Antonio Piñeiro (Filoloxía Clásica, Complutense de Madrid), será presentada por este último o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas.

Chega a 4ª edición do Torreiro Rock en Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

torreiro priegueOrquestra Norcorea, Contracorrente, Millo e Kalambrazo son as bandas que participarán da edición 2015 do Torreiro Rock. Esta xuntanza rockera que vai pola súa cuarta edición, terá lugar este venres a partir 23:30 horas, no torreiro da parroquia de Priegue.

Bota andar a 6ª edición da Feira Imaxinaria “Fi2015”

Correo-e Imprimir PDF

casaColoridaAs actividades centraranse en Nigrán e Vigo (Valadares).

Abren inscricións para interesados en formar parte da programación e tamén para asistir aos cursos de Xestión Cultural e Comunicación 2.0 que fornecerán o encontro .

Sinalan que esta sexta edición da Fi2015 estará enmarcada no "Coñecemento como eixo artellador do encontro e pensando o seu artellamento entre o popular e o académico".

A parroquia de Camos celebra a tradicional Baixada de Carrilanas

Correo-e Imprimir PDF

Carrilanas | Lothar Spurzem - CC BY-SA 2.0 deA colorida baixada de carrilanas terá a súa oitava edición o vindeiro sábado 15 de agosto.

A partir das 9 da mañá partirán dende a Rúa da Levada até o Camiño de Piñeiros. O evento recupérase a iniciativa do Centro Cultural a Camoesa e a asociación Eixo Tolo, coa colaboración do Concello de Nigrán e o patrocinio de Breogán Autolux.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL