Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O Camiño Portugués pola Costa achega novas oportunidades de subvencións para vivendas do #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF

val minhorAs vivendas asentadas no entorno do Camiño Portugués Monacal ou pola Costa poderán acceder a unha liña de subvencións para rehabilitación e reconstrucións, abertas pola Xunta de Galicia. Liña que súmase ás xa existentes para propietarios no rural ou cascos históricos localizados na bisbarra, aos que tamén abrangue o chamado.

Nese senso, inda que antigo na súa existencia, o camiño xacobeo agora recoñecido pola Xunta e no recente PXOM de Baiona, achega así unha nova posibilidade para fornecer obras en vivendas de Baiona, Nigrán e Gondomar. Feito que foi recoñecido afirmativamente polo alcalde Juan González, tras ser consultado por este medio.

Monólogo do actor Carlos Blanco no Sunset Bar de Patos. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Blanco1Este mércores 26 de agosto ás 22.30 horas o actor e humorista Carlos Blanco presentarase no Sunset Bar de Patos. Tras a participación na rodaxe do filme "A praia dos afogados" e as súas pasaxes por diversos medios, o coñecido actor nacido en Vilagarcía de Arousa achegará unha hora e media de puro humor do país ás beiras do areal de Patos.

Sabarís instalará sete escenarios para dar vida á 3ª Ruta Musical.

Correo-e Imprimir PDF

ruta-musical-sabarisCOEMSA, a asociación que acolle a empresarios e veciños de Sabarís prepara a 3ª edición da Ruta Musical. Un evento cultural que este ano acollerá sete escenarios espallados ao longo de 1km nas estradas da vila.

A Casa Colorida bota andar un Ciclo de Cinema todos os mércores en #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

margaritaTodos os mércores ás 21:30 horas a Casa Colorida presentará títulos cinematográficos nun ciclo de cinema de boa calidade. Con entrada libre, simplemente achegándose á Rúa Rosalía de Castro Nº16.
O primeiro pase será El Espejo (URSS, 1975), un clásico do surrealismo ruso do director Andrei Tarkovsky.

Conxuntos de Segovia e Ciudad Real animarán o XIX Festival Folclórico de Baíña

Correo-e Imprimir PDF

danza villa cuellarAgrupación de Danzas Villa de Cuéllar (Cuéllar – Segovia), Grupo Coros y Danzas Nazarín (Miguel Turra – Ciudad Real) e a anfitrioa Airiños da Lagoa conforman a carteleira da 19ª edición do Festival Folclórico de Baíña.

Durante 3 días “As Tapas do Conde” ofertarán especialidades gastronómicas de #Gondomar a 2€

Correo-e Imprimir PDF

tapas pratosO evento gastronómico terá lugar durante os días 28, 29 e 30 de agosto e vén cargado de espazos de degustación e premios para os clientes.

Máis de 20 locais gastronómicos do municipio participarán con especialidades propias que os visitantes poderán desgustar e logo votar nun concurso organizado por OVALMI. Os participantes poderán gañar 1 noite no Pazo da Escola de Mañufe, a Casa Rural de Cerdeira ou un xamón serrano de Cava Selecto.

Piden investigar a empresa dunha ex-cargo do PP polas deficiencias no novo hospital de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

hospital cunqueiroPingueiras, pequenas inundacións, e mesmo unha parte dun falso teito desplomada sobre unha paciente. Son algunhas das deficiencias que amosou nas súas primeiras semanas de funcionamento o novo hospital de Vigo, aberto parcialmente este verán e visitado ata a saciedade por cargos da Xunta nas vésperas das eleccións municipais.

Os problemas no edificio súmanse á indignación xerada por algunhas das súas 'novidades', como o aparcadoiro que obriga a pagar aos doentes e parte do persoal. Neste contexto, entre o persoal e a oposición parlamentaria multiplícanse as voces que esixen responsabilidades e unha investigación apuntando á Xunta, pero tamén a unha empresa xestionada por unha ex-cargo do PP.

Próximo a 400 persoas participarán da primeira andaina nocturna polo “Camiño do Terror” en Parada

Correo-e Imprimir PDF

DIY-LED-FlashlightA andaina partirá este sábado dende o campo de futbito de Parada ás 22:30 horas. O percorrido, no que haberá sorpresas relativas á temática, descorrerá polos camiños de Montecastelo con parada no Mirador Monte dos Mouros. Está previsto que finalice no mesmo punto de saída ás 01,30 horas.

Aberto o prazo para matricularse na Escola de Música de Belesar.

Correo-e Imprimir PDF

curso banda belesarA Escola de Música da Agrupación Musical de Belesar vai comezar o curso 2015-16 e infórma que está aberto o prazo de matrícula en tódalas especialidades que ofrece.

Modalidades:

Xardín Musical: trátase dunha actividade lúdico-musical dirixida aos nenos de 3 a 6 anos. A súa finalidade é mostrarlle aos cativos os primeiros rudimentos da música a través de múltiples facetas: danza, canto, pintura... (1 hora semanal)

Linguaxe Musical: se o neno ten de 7 anos en diante, esta actividade proporcionaralle o marco teórico necesario para a interpretación dun instrumento musical. Nesta materia aprenderá teoría, solfexo, entonación, recoñecemento auditivo de diferentes aspectos musicais... todo en 5 cursos con diferentes niveis. (1 hora e cuarto semanal)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL