Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

limpeza-dunas-panxonO Concello de Nigrán  organiza este xoves unha nova xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.

Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.

Milán e Bolonia completan as rutas propostas por Ryanair dende Vigo xunto con Dublín, Edimburgo e Barcelona

Correo-e Imprimir PDF

RyanairDublín, Milán, Bolonia e Edimburgo. Estes serán os destinos europeos que ofrece Ryanair para o aeroporto vigués de Peinador, ao que se suma o destino nacional de Barcelona.

Dublín e Edimburgo: os primeiros destinos europeos de Ryanair dende Vigo

Correo-e Imprimir PDF

Ryan-air-planeA capital de Irlanda convértese no primeiro destino europeo de de Ryanair desde Vigo desvelado entre os catro destinos que a compañía irlandesa abrirá dende Vigo. Barcelona será o destino nacional elexido pola compañía.

A central da empresa irlandesa será o primeiro destino europeo, por tratarse dunha das bases con máis avións e destinos da aeroliña, sinalan. 

 

42 obras concorren ao VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo

Correo-e Imprimir PDF

orixinais-VTO pasado 31 de xullo  rematou o prazo para a recepción de orixinais para participar no VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo. O xurado reuniuse para recoller os traballos presentados, nun total de corenta e dúas obras. O fallo farase público no transcurso do mes de setembro, en data que se anunciará nos medios de comunicación.

A Xunta deixa sen libros ao alunado que teña que repetir 2º ou 4º ESO

Correo-e Imprimir PDF

Roman Garcia Conselleiro de cultura e educacion de GaliciaO Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) denuncia que a Consellería de Cultura e Educación deixa sen libros de texto ao alunado que teñan que repetir 2º e 4º de ESO e que non tivera solicitado a súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes do 30 de xuño pese a que os exames de recuperación son en setembro.

Descarga os requisitos para participar no proceso selectivo e bolsa de emprego no Concello de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarO proceso selectivo terá por obxecto a elaboración dunha bolsa de emprego no Concello de Gondomar para o posto de axudante de servizos varios segundo a orde publicada no Boletín da Provincia.

Attachments:
File
Download this file (bop.pdf)Boletín Provincial

Comerciantes da Ramallosa e Concello celebran este sábado a súa segunda “Noite aberta e Outlet”.

Correo-e Imprimir PDF

obsequio monhoOs establecementos da Ramallosa (Nigrán) permanecerán abertos ata a media noite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

O Pazo de Pías permanecerá aberto ás visitas e durante toda a xornada haberá concertos e animación infantil.

O Concello de Nigrán colaborará cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa segunda noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas da zona interior ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a media noite descontos especiais durante todo o día, ademais de ofrecerlles bombóns ou champaña aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais.

A Rondalla Santiago de Parada convoca a aspirantes a integrar a agrupación.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-2Dende o pasado xoves 3 están a ensaiar no Centro Cultural de Parada do Miñor (Camiño da Igrexa, 6) a partir das 21:30 horas.

Convocan a persoas de todas as idades que desexen integrarse á agrupación a participar dos ensaios.

Conflito laboral nos supermercados Lidl de #Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

ciglidlPersoal dos supermercados Lidl de Vigo mobilízase en demanda dun convenio colectivo galego

O sindicato galego denuncia que a empresa quere negociar un acordo propio a nivel estatal "que suporá a perda de 3000 euros anuais por traballador/a", denuncian.
Un nutrido grupo de traballadores dos supermercados Lidl de Vigo mobilizáronse hoxe diante do establecemento da Avenida da Florida convocados pola CIG-Servizos para reclamar un convenio colectivo de ámbito galego. Dende a central denuncian que a empresa de alimentación pretende negociar un acordo propio a nivel estatal que suporá a perda de 3000 euros anuais e media por cada traballador.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL