Luns, 16 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.

O Concello de Nigrán organiza unha xornada de limpeza de especies invasoras nas dunas de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
limpeza-dunas-panxon

O Concello de Nigrán  organiza este xoves unha nova xornada de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón despois de que a anterior fose suspendida polo mal tempo.

Para elo, fai un chamamento a tódalas aquelas persoas voluntarias que estean interesadas en participar.

 O punto de encontro é ás nove da mañá na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, ubicada a escasos metros do lugar.

A actividade está previsto que dure tres horas e que culmine coa total desaparición de especies foráneas.