Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O IEM organiza un histórico concerto de campás nas igrexas da vila de #Baiona.

O IEM organiza un histórico concerto de campás nas igrexas da vila de #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
campas baiona

O vindeiro sábado, 15 de agosto de 2015, celebrarase na Vila de Baiona de Miñor un acto singular e histórico. Por primeira vez e nun só día as súas campás falarán para comunicar como o fixeron ao longo da Historia os acontecementos que ían ocorrendo na Real Vila.

Comezará ás 18:00h diante da Capela de Santa Liberata onde, despois duns pequenos apuntes históricos sobre ela, o campaneiro abrirá a xornada cos toques que neste santuario se realizaban. Continúa cunha ruta circular polo Casco Vello, até a capela baixo a advocación de San Xoán do Castelo, cuxo modesto interior poderase ollar, xa que permanece pechada todo o ano a excepción da Semana Santa e o día do seu patrón.

Fundado alá polo ano 1547 por unhas oito mulleres, entre as cales a primeira foi Mayor Fernández de Acuña, o Convento da Anunciación de Madres Dominicas será o seguinte destino. Neste punto, as relixiosas de clausura repicarán as súas afinadas campás (do século XVIII e XIX) interpretando ao longo (aproximadamente) dunha hora, os diferentes toques entre os cales destaca o toque de laudes, primeiro toque do día polo que se guiaban os mariñeiros para saír ao mar, ou o toque de misa acompañado dun Angelus.

A capela da Misericordia, sede da histórica Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona, será a penúltima parada. Esta obra pía, fundada polo Capitán Rodrigo García en 1574, será a encargada de mostrarnos os seus toques de campá, entre os que destaca o de defunto, coñecido popularmente como A Agonía da Misericordia.

Remata tras subir pola Rúa do Hospital, baixo a gran torre campanario da antiga Colexiata de Santa María. O acto central que terá lugar nesta igrexa, parroquial da vila, ao remate da misa das 20:00, estará dirixido polo campaneiro Ángel Vilar Montero (Lito de Mauricio) que mostrará os diferentes toques coñecidos. Entre eles, podemos destacar xunto aos comúns (incendio, misa, procesión, defunto, cabodano...), o volteo das campás con toques catedralicios ou o toque familiar de La Raspita.

O acontecemento organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Asociación Pro Hermanamientos Cristóbal García Sarmiento, foi arroupado pola parroquia de Santa María, o Concello de Baiona, ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), o Convento de Madres Dominicas e a Confraría da Santa Casa de Paz e Misericordia.

(function(d, s, id) { var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) return; js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = "//connect.facebook.net/gl_ES/sdk.js#xfbml=1&version=v2.3"; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs);}(document, 'script', 'facebook-jssdk'));

Sábado 15 de agosto: Ao Son das Campás da Vila de Baiona. No vídeo, toque de aniversario seguido de toque de misa onte á...

Posted by Anxo Rodríguez Lemos on Venres, 14 de Agosto de 2015