Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán

Luz verde á ampliación da nave de SNOP en Porto do Molle. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
snop

A fábrica de estampado dedicada á automoción foi a primeira en instalarse en 2011 nunha parcela de 28.913 m2 cunha superficie construída de 11.000 m2 aos que agora sumará outros 5.954 cunha inversión de 1.531.,363 €

O número de empresas arrendatarias no polígono elévase a 76, das que 65 xa están activas e xerando 517 empregos; outras 11 están en proceso de instalación e xerarán 231 postos

A Xunta de Goberno do Concello de Nigrán aprobou o pasado 12 de agosto a licenza municipal das obras de SNOP Estampación S.A. para ampliar a súa nave industrial instalada en Porto do Molle dende o ano 2011, cando foi a primeira en chegar ao polígono. A firma gala dedicada aos compoñentes metálicos para a automoción ocupa unha parcela de 28,913,18 metros cadrados cunha superficie construída de 11,000 m2 aos que agora engadirá outros 5,954,04 m2 . Esta nova obra suporá unha inversión de 1,531,363 euros e significará a creación de máis empregos, xa que a previsión da empresa é chegar aos 160 postos de traballo.

"É unha moi boa nova porque significa que Porto do Molle segue crecendo a un ritmo imparable, hai so unha semana visitabamos as obras da ITV que suporán a creación de vinte empregos máis e a realidade é que este ano se formalizaron a venta de seis parcelas, moito máis que nos anos anteriores", suliña Juan González, alcalde de Nigrán.
As novas vendas supoñen unha superficie de 10.661 m2 e, ademais, está comprometida outra de 20.000 m2 para Industrias Delta. "Unha diferenza grande cos datos previos, xa que entre 2011 e 2015 adxudicáronse 97.000 m2 en áreas cualificadas como industrial e comercial"sinalan.
En réxime de aluguer, nas 40 naves bioclimáticas actualmente xa desenrolan a súa actividade outras 20 firmas. Así, o número de empresas arrendatarias e propietarias de Porto do Molle é de 76, das cales 65 xa se atopan instaladas e xerando 517 empregos efectivos e outras 11 están en proceso de instalación e se prevé que den traballo a 231 personas máis.

A multinacional Snop naceu en 1960 nun pequeno taller de Francia da man de Michael Pinaire e foi pioneira en Porto do Molle adquirindo a súa parcela no ano 2011 e finalizando ás obras de construción da planta en apenas 11 meses. Ademais de en Nigrán, dentro de España Snop ten presenza en Barcelona e a súa chegada ao municipio se debe ao contrato que ten en vigor con PSA para subministrarlle perfiles metálicos en exclusiva para diferentes modelos. Ademais, Snop proporciona material a outras firmas de toda a península, como Mercedes en Vitoria.