Sábado, 12 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Sargadelos de #Baiona acolleu unha noite de música e poesías co “Verbas Cum”

Sargadelos de #Baiona acolleu unha noite de música e poesías co “Verbas Cum”

Correo-e Imprimir PDF
luis dominguez sargadelos

A escritora Isabel Blanco-Rivas e a ilustradora baionesa Irene Silva presidiron "Verbas Cum", festival poético que tivo lugar na Galería Sargadelos de Baiona.

Ao abeiro da exposición "Olladas do mar", na Galería Sargadelos de Baiona, a Editorial Belagua e a escritora Isabel Blanco-Rivas proxectaron este festival poético baseado na súa obra Verbas cum, ilustrado por Irene Silva.

Estiveron acompañadas por un nutrido grupo de artistas, que puxeron música e voz aos poemas de Isabel Blanco. O espectáculo tamén incluíu, poemas de outros autores e autoras, todos eles co fío común do mar.

"Olladas do Mar" é unha e exposición colectiva de pinturas de Caíno, Irene Silva e Quico Martí. Tres creadores cunha fonda relación coa vila mariñeira de Baiona. A mostra propón as visións personais, con técnicas moi variadas co mar e as súas xentes como motivo de representación.

Inaugurada o pasados 3 de agosto, estará aberta ás visitas durante todo o mes de agosto, de 10.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.30 h.

ÂÂ