Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Gondomar oferta un curso de Auxiliar de enfermería e outro en Limpeza de superficies e mobiliario

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Traballo e Benestar, dentro do Plan Formativo para Desempregados (AFD) acaba de conceder ao Concello de Gondomar os cursos de Auxiliar de enfermería en xeriatría e Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, en resposta ás solicitudes presentadas á Xunta desde a Concejalía de Emprego do municipio.

Alternativa Galega de Esquerda pregunta á Xunta sobre o estado dos permisos para a práctica de prospeccións mineiras na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

pinzas-sos-grobaO grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe á Xunta que de conta do tipo de solicitudes e dos titulares das mesmas relacionadas coa explotación mineira na zona da Serra da Groba entre o Val Miñor e o Baixo Miño. Nomeadamente, solicitan unha confirmación oficial das diversas informacións que dan conta da intención da empresa Medgold Resources Corp. de Vancouver ( Canadá), de explotar preto de 80 km2 na Serra da Groba con minas para extraer ouro a ceo aberto.

Unha concentración de preferentistas mantén pechada a oficina de NGB en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

18-06-2013-ngb-gondomarUnha vintena de aforristas da Plataforma Gondomar están concentrados ás portas da oficina de Novagalicia Banco nunha mobilización de protesta tras quedar máis de 200 veciños da vila fóra dos arbitraxes de consumo. A medida impide ata de agora a apertura da oficina aínda que transcorre sen incidentes.

Novagalicia Banco tamén eliminará as cláusulas de solo das súas hipotecas

Correo-e Imprimir PDF

Presentacion do acordo de fusion das caixasNCG Banco acordou eliminar as cláusulas de solo das súas hipotecas, o que afectará a uns 90.000 clientes, o 49% da carteira de créditos con persoas físicas da entidade galega, e a 6.600 millóns de euros de financiamento hipotecario.

NCG Banco aplicará a eliminación das cláusulas de solo con efecto desde o pasado 9 de maio, data da sentenza do Tribunal Supremo que declara a nulidade das mesmas.

Sae a exposición pública o parque eólico do Merendón que afectará máis de 400ha da Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

garranos grobaSete aeroxeradores que afectarán 412, 63 hectáreas da Serra da Groba conforman o proxecto eólico “Merendón” que Economía e Industria acaba de ingresar a exposición pública por 30 días. O proxecto de incidencia supramunicipal implicará a expropiación de terras das comunidades de montes de Santa María de Oia, O Rosal e Loureza (Concellos de Oia e O Rosal). O novo parque elevaría a 18 o número de aeroxeradores sobre A Groba, de concretarse a instalación do tamén proxectado “Albariño I”, en territorio dos concellos de Baiona e Oia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL