Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Valminor.info afianza os seus datos de difusión con máis de 13mil lectores mensuais

Correo-e Imprimir PDF

Estatisticas valminor.info 2013
Valminor.info rompe coa barreira dos 13.000 lectores únicos mensuais e máis de 25.000 lecturas tan só no mes de agosto.

Os datos constanta que o idioma non supón un atranco para a difusión da información diaria, en contra dos experto que sinalan ao galego como un vehículo de comunicación "residual".

Curso gratuíto de fotografía en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

objetivo manoO Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, dentro do Programa Actívate, ofertan un curso de Iniciación á Fotografía de 40 h. de duración en Baiona totalmente gratuíto, que terá lugar durante o último cuatrimestre do ano.

O PP rexeita reclamarlle ao Estado que anule as multas de Facenda aos emigrantes retornados

Correo-e Imprimir PDF

© XuntaOs votos do PP evitaron que saíse adiante a proposta, si apoiada por todos os grupos da oposición, na que se solicitaba que o Parlamento de Galicia reclamase ao Goberno central que quedasen sen efecto as sancións que a Axencia Tributaria vén aplicando a milleiros de xubilados galegos que traballaron na emigración e nas que lle reclama tributar polas súas pensións do estranxeiro desde o ano 2008, malia a falta de información ou mesmo desinformación que denuncian os afectados. Con máis de 20.000 pensionistas afectados en Galicia e unha recadación que supera os 3,5 millóns, o único punto aceptado unanimamente na Comisión de Economía da Cámara foi a que reclama ao Estado unha ampla campaña informativa sobre o proceso tributario á diáspora.

Nigrán amplía o prazo de inscrición para o curso de Community Manager

Correo-e Imprimir PDF

Community-ManagerO Concello de Nigrán informa da ampliación do prazo de inscrición para o curso de Community Manager até o vindeiro xoves 5 de setembro. O curso de formación gratuíta impartirase entre o 23 de setembro e o 10 de outubro, cunha duración de 40 horas, nas instalacións municipais do Centro Antena, en horario de 17.00 a 20.00 horas.
As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Departamento de Emprego de Nigrán, e na páxina web deste concello www.nigran.org.

Nigrán ofrece un curso de aprovisionamento e almacenaxe na venda para desempregados

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, anuncia a realización dun curso de "Aprovisionamento e almacenaxe na venda", cunha duración de 40 horas, dirixido a persoas desempregadas e empadroadas no municipio.
Neste curso de formación o alumnado aprenderá a diferenciar e xestionar distintos tipos de stocks e inventarios, coñecerá as variables utilizadas habitualmente na súa xestión e os principais criterios de valoración de resultados, ao mesmo tempo que se familiarizará coa básica de distribución dun almacén e as técnicas de prevención de riscos na materia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL