Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso gratuíto de fotografía en Baiona.

Curso gratuíto de fotografía en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
objetivo mano

O Concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra, dentro do Programa Actívate, ofertan un curso de Iniciación á Fotografía de 40 h. de duración en Baiona totalmente gratuíto, que terá lugar durante o último cuatrimestre do ano.

Os requisitos para participar son estar empadroado nun concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes e ter entre 16 y 35 anos, aínda que as persoas maiores de 35 poderán entrar na lista de espera. Entre todas as solicitudes terán preferencia as persoas desempregadas, finalizando o prazo de solicitudes o día 16 de setembro de 2013.
Para maior información e solicitudes é necesario chamar ao teléfono 986 38 59 25 ou contactar na OMIX.