Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Mabel, de 12 anos, loita polos seus aforros e os do seu irmán de 13, convertidos en débedas subordinadas.

Correo-e Imprimir PDF

mabelO pasado luns, Mabel, unha rapaza de 12 anos, emocionaba a centos de veciños en Gondomar co seu testemuño no canto o seus aforros foron convertidos en débeda subordinada por unha das caixas galegas. A súa familia confirmaba a Valminor.info o relato de Mabel e engadía que outro fillo de 13 anos, tamén foi vítima do "troque" de aforros por produtos financeiros lixo. Na edición de onte, os lectores recibiron o texto íntegro da carta de Mabel. Hoxe ofrecemos o vídeo feito pola Plataforma Gondomar, do momento en que Mabel le a súa carta no peche da manifestación do pasado luns.

A Xunta dá a dedo 184.000€ a La Voz e La Región polo seu uso do galego

Correo-e Imprimir PDF

2012 2 13 9659s300x-La Voz de Galicia (149.000€) e La Región (35.000€), dous xornais que se editan case exclusivamente en español, son os únicos beneficiados nos convenios da Consellería de Cultura para "potenciar o uso do idioma galego".

Nena de 12 anos relata publicamente como foi estafada con subordinadas no peche da manifestación en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

preferentes-casa-cosistoriaMabel xuntaba os cartos que os seus avós e pais íanlle dando dende os 7 anos nunha conta de aforros, “porque quería e quero ir á universidade”, segundo relatou ás máis de 700 persoas concentradas ao final da manifestación das Plataformas de afectados por Preferentes e Subordinadas deste luns en Gondomar. “Neste momento non teño nada”, afirma a pequena Mabel, “leváronme todo”.  

Multitudinaria manifestación de afectados polas preferentes e subordinadas toma as rúas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

Saída da manifestación en GondomarCentenares de persoas responden á convocatoria da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas no concello de Gondomar. Dende ás 19:30 horas, os aforristas que ocupan dende hai seis meses o Concello de Gondomar en reclamo da devolución dos seus cartos atrapados nas caixas galegas, reciben o apoio das plataformas do Condado - Paradanta, O Salnés, Baixo Miño, O Rosal (desaloxados esta mañá do Concello que o ocupaban), e de centos de afectados e veciños do Val Miñor.

A deputación de Pontevedra gasta 258.500 euros en publicidade en 5 meses

Correo-e Imprimir PDF

Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Imaxe PP Pontevedra258.509,63 euros. Esa é a cantidade que leva gastada a Deputación de Pontevedra no que vai de ano só para publicidade en medios de comunicación escritos. Unha media de máis de 51.700 euros ao mes.

O organismo que dirixe o popular Rafael Louzán dividiu esta cantidade entre publicidade xenérica e convenios, cun total de 218.540,42 euros, e en PID (anuncios de licitacións) da deputación nos que invertiu outros 39.969,21.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL