Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Multitudinaria manifestación de afectados polas preferentes e subordinadas toma as rúas de Gondomar.

Multitudinaria manifestación de afectados polas preferentes e subordinadas toma as rúas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Saída da manifestación en Gondomar

 

Centenares de persoas responden á convocatoria da Plataforma de Afectados por Preferentes e Subordinadas no concello de Gondomar. Dende ás 19:30 horas, os aforristas que ocupan dende hai seis meses o Concello de Gondomar en reclamo da devolución dos seus cartos atrapados nas caixas galegas, reciben o apoio das plataformas do Condado - Paradanta, O Salnés, Baixo Miño, O Rosal (desaloxados esta mañá do Concello que o ocupaban), e de centos de afectados e veciños do Val Miñor.

O xa tradicional “concerto” de pitos e bocinas acompaña a marcha xunto con consignas na que piden ás autoridades da Xunta de Galicia e o Goberno de España que obriguen aos bancos a devolver a totalidade dos cartos “roubados” aos aforristas.

Ao comezo da manifestación –que no momento de facer esta nota aínda está a percorrer as principais rúas da  vila- atópanse os alcaldes populares de Gondomar (Fernando Guitián)  e Baiona (Vázquez Almuíña), así como membros das corporacións municipais dos tres concellos e de todos os partidos políticos. Tamén se puido constatar a presenza dos deputados galegos Chelo Martínez (ANOVA-AGE), Juan Manuel Fajardo (EU-AGE), Carmen Adán (BNG), Manuel Gallego (PSOE) e a senadora Ángeles Marra Domínguez(PSOE), ademais de representantes comarcais e provincias de varios partidos. 

Manifesto dunha nena de 12 anos estafada con subordinadas. Lectura ao final do acto.

Dim lights Embed Embed this video on your site