Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Nova "quita" do 13% ás preferentes de Novagalicia Banco

Correo-e Imprimir PDF

preferentes protesta aribada baiona 2013-O plan de Castellano de vender o 51% da entidade nacionalizada a investidores foráneos acelera os movementos en Novagalicia Banco, cuxos preferentistas perderán até o 58% dos aforros.
Xa se coñece oficialmente a segunda "quita" -un "roubo" segundo os afectados"- que terán que afrontar os posuidores de preferentes de Novagalicia Banco. Ademais do 41% de media que perderán de acordo ao recorte publicado en marzo (que fixa un desconto do 58,8 de máximo para os que tivesen preferentes de Caixa Galicia en 2003), agora deberán afrontar unha rebaixa adicional do 13,8%. Polo tanto, os afectados que non logren acudir a arbitraxe ou gañar un preito -malia que moitos deles foron estafados polas caixas- poderán perder de media máis do 54%.

A Xunta incrementa nun 3,5% as tarifas dos servizos da residencia de tempo libre de Panxón.

Correo-e Imprimir PDF

A partir deste martes 11 de xuño os prezos polas prestacións da residencia de tempo libre de Panxón se incrementarán nun 3,5%, segundo comunica a Consellaría de Traballo e Benestar no Diario Oficial de Galicia. O incremento, que afecta tamén ás dependencias do Carbaliño (Ourense), é produto da variación do índice xeral nacional de prezos de consumo desde outubro de 2011 a outubro de 2012. A actualización chega con medio ano de retraso, posto que o Decreto 84/2012, do 16 de febreiro estipula que o devandito axuste terá lugar o 1 de xaneiro de cada ano.

A OMIX Gondomar oferta un curso gratuíto de bixutería para a mocidade.

Correo-e Imprimir PDF

bisuteria3O curso terá lugar do 1 ao 9 de agosto e segundo informa o concelleiro de Xuventude, Ignacio Troncoso, o mesmo está dirixido a persoas entre 14 e 30 anos. Neste taller se vai levar a cabo abelorios de madeira, coiro, teas, botón. Segundo a OMIX Gondomar neste obradoiro "pretendese darlle cabida a creatividade realizando cada un unha peza personalizada". As inscricións ábrense este xoves 5 de xuño n na Omix do Concello, R/ Manuel Alonso , s/n . Para máis información 986.369.746 . O prazo vence o vindeiro 30 de xullo

Trinta persoas reciben en Nigrán os diplomas dos cursos “Actívate” da Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

diplomas-activate-2013-nigrO rexedor municipal, Alberto Valverde, xunto coas concelleiras de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso, e de Emprego, Rosa Rodríguez, entregaron hoxe os diplomas dos cursos Actívate da Deputación de Pontevedra, nos que participaron unha trintena de persoas.

O premio do certame “Bai de Tapas 2013” queda en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

PARTICIPANTES-BAI-DE-TAPAS-A votación do público participante da ruta gastronómica “Bai de Tapas” organizado en Baiona dá por gañadora ao petisco “Milhojas de rape y jamón ibérico con vinagreta de quinoa y sésamo”, creado polo restaurante O Rizón da vila de Sabarís. O segundo lugar foi para a tapa “La vuelta al ruedo”, do Gastrobar Gordo, local situado no casco vello baionés.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL