Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Aforristas estafados polas caixas convocan á veciñanza a unha “gran manifestación” por Gondomar o luns 3 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

A Plataforma de Preferentes e Subordinadas de Gondomar conmemorará os seis meses de encerro cunha manifestación pola vila o vindeiro luns 3 de xuño. A concentración partirá da casa consistorial que seguen a ocupar, ás 19:30 horas para posteriormente percorrerán as rúas. Os afectados sinalan que cursaron invitacións aos tres alcaldes do Val Miñor, a totalidade dos partidos políticos e sindicatos, na procura do seu apoio á medida.

Veciños de Tomiño e o Val Miñor mobilízanse contra os proxectos mineiros na serra da Groba cunha xeira divulgativa: “Toponimia, Ouro e Morte”.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-google-Co apoio do Concello de Tomiño, a Federación de Asociacións de Tomiño e o Instituto de Estudos Miñoranos os veciños de Pinzás organizan unha andaina o vindeiro sábado polo monte e terras da parroquia en rexeitamento aos proxectos mineiros a ceo aberto a estudo na Xunta de Galicia.
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira divulgativa "Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte", na que se percorrerá a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos. O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo de Pinzás onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.

A Deputación convoca o procedemento aberto para as obras de urbanización da Rúa Cruz de Mera, en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

rua-mera-gondomarO Boletín Oficial da Provincia publica nesta xornada a convocatoria para o procedemento aberto de contratación das obras correspondentes o plan de investimentos da Deputación de Pontevedra 2012. No mesmos figuran as obras de urbanización proxectadas para a Rúa Cruz de Mera, na vila de Gondomar por un importe total de 203.935,90€. A Deputación fixa en catro meses a duración das obras.

Se Zona Franca aproba o proxecto, Nigrán contará cunha estación fixa de ITV en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

porto-do-molleSupervisión y Control S.A., empresa concesionaria do servizo de ITV da Xunta de ten previsto abrir este ao novas instalacións no parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán. A firma sinala nun comunicado o seu interese en reforzar o servizo da estación en Peinador por ser insuficiente para atender a flota de turismos e vehículos industriais que forman o parque automotor de Vigo e contorna. A proposta da empresa está a estudo de Zona Franca.

Sabarís prepara a “Semana de Arte y Cava” a celebrarse do 3 ao 9 de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

ARTE Y CAVA-cartel-2013-(2)-A actividade contará coa celebración por un ano máis da do Mercado de Arte na praza de abastos.

-Durante a celebración do mercado terá lugar un obradoiro de pintura a cargo do plástico Claudio Maseiro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL