Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Ábrese prazo de solicitudes para bolseiros nas Oficina de Información Turística do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

paseo-parador-baiona-2A Mancomunidade do Val Miñor abre unha recepción de solicitudes para acceder a becas de práctica na Oficina de Turismo da Mancomunidade do Val Miñor. As bases poden ser consultadas na web do Concello de Baiona. O prazo de entrega de formularios para os interesados vence o vindeiro 28 de maio de 2013. O concurso proverá dúas bolsas formativas.

O Val Miñor queda fóra do reparto de prazas hostaleiras da Volta Ciclista nas etapas de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

volta2012Das 4.784 camas previstas a ocupar polas delegacións que participarán da Volta Ciclista a seu paso polas Rías Baixas ningunha será destinada a complexos hostaleiros do Val Miñor. O Grove, Sanxenxo, Pontevedra, Vigo, Vilanova de Arousa e Cambados repartiranse os preto a 90 mil euros que segundo a Deputación, se prevé reportarán só estas contratacións destinadas a unhas dos mil persoas.

O Concello de Nigrán aproba a convocatoria a 8 prazas temporais de auxiliar de policía local.

Correo-e Imprimir PDF

policia localO Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) publica na edición deste luns 20 de maio o anuncio da resolución da alcaldía de Nigrán pola que se convoca ao proceso de selección de oito prazas de auxiliar de policía local con carácter de persoal laboral temporal. O devandito expediente con número nº: 2013/02 ps, que pode descargarse na web oficial do Concello, outorga dez días para a presentación de solicitudes.

2 de xuño. Unha manifestación para deter as agresións mineiras en todo o país

Correo-e Imprimir PDF

 

rolda mineriaCorcoesto, Xinzo, A Fonsagrada, Santa Comba, Ordes, Cartelle, Terra Chá, Fragas do Eume ou a Serra do Galiñeiro. Son algúns dos concellos ou espazos que neste momento están ameazados por proxectos mineiros, en distinta fases e na procura de distintos materiais. En total hai na actualidade 520 proxectos mineiros activos, e o número vai en aumento polo renovado interese de moitas multinacionais por explotar certos minerais cun prezo crecente, pola falta de traballo que lles serve de argumento ás empresas para presentarse ante a poboación, e sobre todo pola connivencia do Goberno galego, que no seu Plan Sectorial de Actividades Extractivas permite autorizar minas en calquera lugar especialmente protexido.

As prestacións alcanzan o 40,71% como fonte principal de ingresos nos fogares galegos segundo o IGE.

Correo-e Imprimir PDF

fogares-igeSegundo a "Enquisa de condicións de vida das familias" (ECV), publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatísticas (IGE), en base ao ano 2011, as fontes principais de ingresos nos fogares de Galicia se distribúen da seguinte maneira: 57,02% (ingresos por traballo), 40,71% (prestacións) 2,28% (rendas e outros ingresos).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL