Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Nigrán aproba a convocatoria a 8 prazas temporais de auxiliar de policía local.

O Concello de Nigrán aproba a convocatoria a 8 prazas temporais de auxiliar de policía local.

Correo-e Imprimir PDF
policia local

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) publica na edición deste luns 20 de maio o anuncio da resolución da alcaldía de Nigrán pola que se convoca ao proceso de selección de oito prazas de auxiliar de policía local con carácter de persoal laboral temporal. O devandito expediente con número nº: 2013/02 ps, que pode descargarse na web oficial do Concello, outorga dez días para a presentación de solicitudes.

 

Segundo o BOP, a convocatoria e bases foron aprobadas con data 14 de maio pola alcaldía e o prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no xornal Faro de Vigo.