Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Esquerda Unida pide concrecións ao plan de emprego de Nigrán e un estudio previo do desemprego no Val Miñor

Esquerda Unida pide concrecións ao plan de emprego de Nigrán e un estudio previo do desemprego no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
José Cuevas

O portavoz de Esquerda Unida de Nigrán, manifesta a súa alegría polo feito de que o Concello poña en marcha plans de formación para as persoas desempregadas, en relación ao comunicado feito polo concello sobre o futuro plan de emprego de 2013.

Cuevas e atribuíu este paso do concello ás denuncia feitas dende a súa formación política ante a inexistencia de cursos de formación dentro dos plans de AFD da Xunta de Galicia.

EU considera ainda así que a proposta do Concello de Nigrán "é un conxunto de vaguidades, sen datos concretos, tanto da situación concreta do desemprego actual, como das estimacións do que pensa lograr co seu plan", polo que consideran que o plan de emprego é dar falsas esperanzas aos desempregados, si nón se fai unha proposta concreta.

Cuevas sinala que o primeiro paso sería facer un estudo do desemprego no Val Miñor, para coñecer e plantexar un plan adaptado ás súas características. 

Para Esquerda Unida a formación debe ser impartida por desempregados e xestionada directamente polo concello, para evitar que os recursos destindados a ésta se “perdan” en beneficios a empresas privadas. Critican que o comunicado do concello, non concreta que sectores productivos se van a potenciar", segundo sinalan, "dá a impresión de que o plan consiste en potenciar o sector da construcción mediante a aprobación “nun breve periodo de tempo” do PXOM."  Neste sentido, EU resta credibilidade a ese prazo de aprobación para o documento urbanístico, logo do incumprimento da promesa realizada por Valverde de aprobar o plan no ano 2012. 

Por outro lado, Cuevas sinala que o sector da construcción non xeraría emprego de calidade e duradeiro no tempo, como xa se demostrou na actual crise económica.

Emprego en Porto do Molle

Cuevas solicita ao concello que fagan públicos os resutados das xestións feitas polo concello respecto aos postos de traballo creados no Porto do Molle. Esquerda Unida cree que entre as “limitadas competencias” que ten o concello, está a modificación da ordenanza fiscal do imposto de actividades económicas, para o fomento de traballo de calidade. Dende a formación de esquedas, piden que se modifique dita ordenanza nos termos da alegación que presentaran fai un ano.

Como solucións, EU propón a creación dun viveiro de empresas, así como o fomento da economía social no concello, "que é a que mellor está resisitindo a crise económica."