Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU dubida que Nigrán conseguise 200 prazas para cursos de formación para desempregados

EU dubida que Nigrán conseguise 200 prazas para cursos de formación para desempregados

Correo-e Imprimir PDF
A Concelleira de Emprego, o alcalde de Nigrán e a representante da empresa de formación durante a firma do convenio

Esquerda Unida considera pouco serio o convenio firmado polo alcalde de Nigrán para impartir cursos de formación a 200 desempregados de Nigrán, e poñen en duda a súa efectividade.

O concello de Nigán fixo público o pasado luns a firma dun convenio coa empresa privada de formación FEMXA, para ofertar entre 150 e 200 prazas de formación gratuíta e un aceso ao mercado laboral a través de prácticas non remuneradas en empresas.

Valverde asegurou que mediante a firma dese convenio "os mozos desempregados do municipio terán prioridade no proceso de selección e participación da oferta formativa de Grupo Femxa", unha oferta totalmente gratuíta para os alumnos e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal e pola Fundación Tripartita para a Formación no Emprego. Entre as accións ofertadas figuran Intervención na Atención Hixiénico-Alimentaria e Socio-sanitaria en institucións; Desenvolvemento Tecnolóxico de Aplicacións JAVA; Innovación no Proceso de Venda: E-commerce e Community Management e Técnico de Internacionalización, entre outras.

Para EU existe unha similitude na frase "que se jodan" dita por unha deputada popular no parlamento ante o anuncio dos recortes feitas polo presidente do Goberno, e  as políticas do Partido Popular que levaron a que no Estado Español e en Nigrán houbera aumentado o desemprego até niveis insostibles. "Agora o Alcalde de Nigrán asina un convenio para formar a desempregados cun contido totalmente alleo á realidade da maioría das case 2000 persoas desempregadas en Nigrán ou dos mais de 5000 desempregados do Val Miñor". 

Segundo Cuevas, os cursos están financiados polo Servizo Público de Emprego Estatal e pola Fundación Tripartita para a Formación no Emprego, e polo tanto teñen un ámbito estatal e non só municipal. "Algúns destes cursos foron adxudicados a entidades de Zaragoza, de Madrid ou Extremadura, polo que nos estrañamos que se vaian a impartir a 200 desempregados de Nigrán tal como afirma o alcalde."

Ditos cursos teñen un proceso de seleción dos participantes, no que as persoas desempregadas participantes, menores de 30 anos, deberán estar inscritas como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego e serán propostas polos mesmos, previa solicitude das entidades beneficiarias. So no caso en que ditos Servizos Públicos non propuxeran persoas para participar, a entidade beneficiaria podería seleccionar a outras persoas desempregadas, menores de 30 anos, un proceso que realizaría neste último caso pola entidade beneficiaria, atendendo ás prioridades do proxecto, aos itinerarios formativos, ás necesidades identificadas polos Servizos Públicos de Emprego respecto das persoas desempregadas e a criterios de igualdade e de obxectividade.

Segundo sinlana dende Esquerda Unida, "entre os criterios de selección non figura o pertencer a ningún municipio en particular, e menos Nigrán. Polo que nos extrana a afirmación do alcalde de Nigrán, que asegura que os xoves desempregados do municipio teñan prioridade no proceso de selección e participación nesta oferta formativa". Cuevas engadiu que dende Esquerda Unida xa solicitaron para que sexa o propio concello o que organice os cursos de formación para desempregados, realizando unha oferta formativa adecuada ás características dos desempregados do Concello e do Val Miñor. Como primeira medida para xerar emprego en Nigrán, Esquerda Unida propón que ditos cursos sexan impartidos por desempregados do municipio para que non se perda diñeiro en empresas privadas.

Esquerda Unida esixe que se faga público o convenio asinado entre o alcalde e a empresa formadora FEMXA, xa que todos os datos levan a pensar que non é viable impartir estes cursos a 200 desempregados de Nigrán.

Os datos aportados polo Concello de Nigrán para anotarse nestes cursos son o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono gratuíto 900 100 957

 

Esquerda Unida recomendou pola contra interesados en asistir aos cursos que se dirixan ás oficinas do INEM  "xa que van a ter prioridade sobre os beneficiarios do convenio asinado polo alcalde" Apuntan tamén que a dirección de correo electrónico facilitada polo concello Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  non existe logo de recibir varias queixas e corroboralo por eles mesmos.