Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Aberto o prazo para solicitar postos de venda na II Festa Medieval de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Concellaría de Cultura do Concello de Gondomar anuncia que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas na II Festa Medieval, que se celebrará nas principais vías urbanas do municipio entre os días 23 e 25 de agosto.

Unha licitación express adxudicará os servizos de comedor no ensino primario de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

chano-pineiroOito días naturais de prazo terán para preparar as ofertas e a documentación requirida as empresas que desexen participar da licitación que con carácter "urxente" saca a concurso o Concello de Gondomar, para o servizo de catering e de persoal monitor dos comedores escolares dos centros de ensino primario do concello.

Baiona busca Xuíz de Paz para os vindeiros catro anos.

Correo-e Imprimir PDF

baiona-ruaO Boletín Oficial da Provincia anuncia a convocatoria de aspirantes para ocupar o cargo de xuíz de paz do concello de Baiona por un período de catro anos. Os interesados terán un prazo de 15 días para presentar a documentación requirida e optar á praza.
As bases, aprobadas o pasado 9 xullo pola alcaldía, poden ser consultadas no BOP de Pontevedra ou en dependencias do Concello de Baiona.

Os afectados polas preferentes ameazan con 'quitarlle' 1.200 millóns a Novagalicia

Correo-e Imprimir PDF

Protesta dos afectados en GondomarNovagalicia Banco pode verse metida en serios problemas se os afectados polas participacións preferentes levan a cabo a nova medida de presión proposta pola coordinadora galega das diferentes plataformas do país. A decisión semella definitiva, chegou tras un acordo "unánime" e os estafados só agardan ao momento para poñela en marcha. A idea: que os máis de 32.000 clientes que -logo doutra quita- recuperaron parte do seu diñeiro a través do Fondo de Garantía de Depósitos (FGD) retiren agora todos eses cartos do banco, ao que habería que engadirlle a cancelación masiva de contas por parte dos preferentistas que accederon a arbitraxe para que lle reintegrasen os seus aforros. En definitiva, serían até 1.200 os millóns que poderían saír da entidade bancaria, segundo os cálculos dos colectivos, ao sumarse aos 800 millóns que o FGD reintegrou aos clientes do banco uns 400 máis dos recuperados a través da arbitraxe.

O Concello de Gondomar pon en marcha novos cursos baixo a modalidade de formación on-line

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boli- Este ano ofértanse 12 cursos de informática, xestión contable, habilidades directivas, xurídica procedimental, igualdade e idiomas
- As inscricións poderanse formalizar no CIM, os martes, mércores ou xoves, ata o 20 de agosto

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL