Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Gondomar pon en marcha novos cursos baixo a modalidade de formación on-line

O Concello de Gondomar pon en marcha novos cursos baixo a modalidade de formación on-line

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza boli

- Este ano ofértanse 12 cursos de informática, xestión contable, habilidades directivas, xurídica procedimental, igualdade e idiomas
- As inscricións poderanse formalizar no CIM, os martes, mércores ou xoves, ata o 20 de agosto

Os cursos, cofinanciados pola Deputación, serán gratuítos e de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que contará con 60 horas, e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas en Gondomar. Engadir que se conta cun total de 75 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.
A oferta formativa deste ano será:
­ Área de informática: Office 2010 e Open Office Writer, Calc e Base
­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus
­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais
­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico
­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades
­ Idiomas: Inglés intermedio

Para poder realizar algún destes cursos deberase formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, os martes, mércores ou xoves, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ata o día 20 de agosto.