Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Segue aberto o prazo de inscrición para o curso de Paquete Office organizado pola OMIX de Gondomar

Segue aberto o prazo de inscrición para o curso de Paquete Office organizado pola OMIX de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
ofimatica

-O prazo rematará o vindeiro 22 de marzo

- Os interesados poderán formalizar a súa solicitude na Oficina Municipal de Información Xuvenil

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar oferta, dentro da súa programación formativa, un curso de Paquete Office de 60 horas de formación, centrado nos programas de Word, Excel, Access e Power Point.

Esta acción formativa é totalmente gratuíta e está dirixida a persoas entre 18 e 40 anos, con preferencia do Concello de Gondomar.

O prazo de inscrición para participar nesta acción remata o vindeiro 22 de marzo. O curso impartirase do 2 ao 29 de abril en horario de mañá.

Para maior información, os interesados poden dirixirse á OMIX, situada na Casa da Cultura ou a través do teléfono 986.369.746 ou do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo