Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Unha licitación express adxudicará os servizos de comedor no ensino primario de Gondomar.

Unha licitación express adxudicará os servizos de comedor no ensino primario de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
chano-pineiro

Oito días naturais de prazo terán para preparar as ofertas e a documentación requirida as empresas que desexen participar da licitación que con carácter "urxente" saca a concurso o Concello de Gondomar, para o servizo de catering e de persoal monitor dos comedores escolares dos centros de ensino primario do concello.

A convocatoria cubrirá estes servizos no curso escolar 2013-2014, dende o 11/09/2013 ao 20/06/2014. A licitación conta cun orzamento de 201.216,82 euros, segundo anuncia o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do pasado luns 5 de agosto. Segundo esta fonte, as bases dos mesmos están dispoñibles na web e oficinas do Concello de Gondomar.