Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

ANOVA - Gondomar esixe a inmediata paralización da venda de NGB mentres non se devolva o diñeiro expropiado aos aforradores.

Correo-e Imprimir PDF

afectados pleno gondomar-A iniciativa redactada polo concelleiro Emilio García Crego será levada ao pleno de Gondomar deste xoves 3 de outubro.

-Tras unha exposición de motivos que afonda nos intereses políticos e económicos que agocharía o proceso de venda do banco galego, García Crego plantexa unha auditoría con participación do Parlamento de Galicia de todo o proceso de arbitraxe das preferentes e subordinadas.

-A iniciativa pretende que a través da Xunta se solicite ao FROB a paralización da venda de Nova Calicia Banco “mentres non se devolva o 100% do diñeiro expropiado aos aforradores que contrataron Participacións Preferentes e Obrigas subordinadas”.

Gondomar ofrece un faladoiro orientativo sobre mercado laboral para desempregados

Correo-e Imprimir PDF

-A xornada,terá lugar o vindeiro xoves ás 16.00 horas no Centro Neural de Gondomar

"O monte arde por intereses económicos" din brigadistas e axentes forestais

Correo-e Imprimir PDF

brigadista denuncian-Denuncian a falta de prevención dos nosos montes e critican que os distintos gobernos teñan apostado por políticas de extinción e non de prevención. Falan de "ocultismo tremendo" sobre o número de lumes e din que a súa intencionalidade estase utilizando como unha escusa. Vídeo no interior.

Son Xosé Arca (en twitter: @arxons), veciño de Cuntis e axente forestal, e David Iglesias (en twitter: @sondomorrazo), veciño de Marín e brigadista da helitransportada. Os dous levan anos loitando contra o lume e saben do que falan. O blog quinteirodoumia fíxolles unha interesante entrevista na que abordan todos os aspectos que rodean os incendios en Galicia. As súas opinións son ben esclarecedoras.

A Xunta financia seis empresas xornalísticas con 500.000 euros en catro meses

Correo-e Imprimir PDF

Treito do programa do PP en 2009 coas referencias as axudas aos mediosNova remesa de cartos. Aínda que o leit motiv gobernamental é, dende hai anos, a escaseza de orzamentos e, xunto a el, a necesidade de garantir a eficiencia de "cada euro" investido, así como a "transparencia" da xestión da cousa pública, a Xunta mantense firme nunha práctica que os gabinetes de Manuel Fraga converteron en piar fundamental da súa xestión, que o bipartito non eliminou e que Feijóo segue a practicar con intensidade malia prometer, como PSdeG e BNG, que a eliminaría. As achegas de cartos ás principais empresas de comunicación do país sen que medie concurso público son unha constante. As últimas superan os 500.000 euros en apenas catro meses.

Entrevista á CCMM de Couso: Ante o lume e a falta de xestión da Xunta “o único que nos queda é rezar”.

Correo-e Imprimir PDF

xose-anton-couso"O único que nos queda é rezar ", asegura Xosé Antón Araúxo, presidente da Comunidade de Montes de Couso, tras consultarlle sobre o futuro próximo dos montes da bisbarra, asolados por unha cadea de incendios nos últimos quince días. O comuneiro tras dar conta das deficiencias da Xunta de Galicia na súa política de xestión na materia, denuncia que aínda esta administración non deu os permisos para que as comunidades podan comezar os traballos de limpeza e desbroce para o que foron outorgadas subvencións previas ao verán. Axudas das que aínda as comunidades tampouco ten cobrado nada e que deberon permitir ter rematadas as tarefas de prevencións contra o lume antes de chegada da tempada estival.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL