Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

OVALMI abre inscricións para un curso de manipulador de alimentos a desenvolverse en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O curso terá lugar o vindeiro martes 15 de outubro ás 16:30 horas, nas instalacións do Centro Neural de Gondomar. Os interesados deben inscribirse a través do teléfono da Asociación de Empresarios do Val Miño (986366730), ou na súa sede na Praza Rosaía de Castro, número 3, baixo en Nigrán.

A xestión persoal da rede Linkedin centrará o segundo taller de Gondomar Emprega

Correo-e Imprimir PDF

A xornada, que terá lugar o vindeiro xoves ás 16.00 horas no Centro Neural, enmárcase dentro do programa Gondomar Emprega, posto en marcha pola Concellaría de Formación e Emprego de Gondomar

ANOVA Val Miñor reclama a paralización das multas ás pensións dos emigrantes retornados.

Correo-e Imprimir PDF

ANOVA Val Miñor entende que as multas que está a aplicar a Facenda do Estado español a milleiros de retornados polas súas pensións do estranxeiro son unha "nova estafa semellante á das Preferentes". O colectivo político presentou unha solicitude de paralización destas actuacións o pasado 30 de setembro no Rexistro Municipal de Gondomar, ante a gravidade do tema na bisbarras do Baixo Miño e Val Miñor, na que se calculan próximos de 2000 afectados. Pola súa banda, un grupo de veciños prepara a creación dunha plataforma en defensa dos intereses dos retornados, que terá a súa primeira reunión este mércores 9 de outubro ás 19 horas no local da Cofradía de Pescadores de Baiona. Na mesma recibirán a unha delegación de afectados de O Morrazo que achegarán a súas experiencias nos procesos entaboados contra o Ministerio de Facenda de España.

Curso gratuíto de informática básica no Centro Antena de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza boliNo Centro Antena "A Foz do Miñor" do Concello de Baiona impartirase a partir do próximo martes 15 de outubro, un curso gratuíto de informática básica. As clases prolongaranse ata o 30 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Nigrán abre inscricións para os cursos do Plan Actívate 2013

Correo-e Imprimir PDF

-Curso  de Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre e Curso de Serigrafía, gravado e estampado de camisolas.

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través da OMIX e a Deputación de Pontevedra no marco do Programa Actívate 2013, organiza un curso  de Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre e un Curso de Serigrafía, gravado e estampado de camisolas , para mozos e mozas de entre 16 e 35 anos ( as persoas maiores de 35 anos poderán anotarse en lista de agarda ).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL