Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

#Emprego - Sae a concurso público a adxudicación da cafetería do Casino de Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Casino de SabarísO C.R.D.C Casino de Sabarís abre a concurso público a licitación do bar e cafetería do Casino de Sabarís. 

As persoas interesadas poderán recoller as bases do concurso na propia cafetería ou solicitalas por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

O prazo de presentación das ofertas retama o próximo 30 de maio ás 20h. As propostas terán que entragarse nun sobre pechado no buzón especial que se atopa dentro da cafetería.

“Ponte na Escena”, unha xanela para #Gondomar cara a un mercado de 300 millóns de consumidores.

Correo-e Imprimir PDF

LibroDesJuegasAlfonXAndCourtHai moitas formas de convivir co mundo. Gondomar está a acoller unha que pódelle abrir unha xanela co comunique cun mercado cultural con próximo a 300 millóns de consumidores espallados no planeta. É o espazo lusófono, unha xeografía humana que fala algunha das modalidades do galaico-portugués e que terá nesta vila do Val Miñor a súa capital teatral por catro días co festival Ponte na Escena. A parcería iniciada en 2013 coa Concellaría de Cultura local deu froitos e para este ano ademais de abranguer outros espazos do Val, achegará entre outras a Goudu Theatre, unha compañía de actores de Francia que pon en escena obras en galaico-portugués cun "sotaque" francés.

Preferentista no xulgado de #Baiona: “Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos”.

Correo-e Imprimir PDF

xulio vicente“Fomos roubados por quen nos están gobernando, e por iso protestamos” afirmou Xulio Vicente, portavoz da Plataforma de afectados do Baixo Miño durante a súa comparecencia no Xulgado de Paz de Baiona na maña deste martes. Emprazado por supostas ameazas e insultos ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián (promotor da denuncia), Vicente quedou á espera da sentenza que se coñecerá o vindeiro sábado 5 de maio. Os feitos polos que se acusa ao aforrista tiveron lugar nun pleno de abril de 2013 da Mancomunidade do Val Miñor. A instancia celebrouse a pesar dunha resolución do Pleno de Gondomar que obrigaba a Guitián a retirar a denuncia por tela feita en tanto alcalde e non de xeito persoal.

#Nigrán oferta un curso gratuíto de técnicas administrativas básicas para persoas desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán ofrece un curso de "Técnicas administrativas básicas de oficina", de 150 horas de duración, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O curso, se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), dos días 19 de maio ao 28 de xullo, os luns, mércores, xoves e venres, en horario das 10.00 a 14.00, estando aberto o prazo de inscricións do 28 de abril ao 10 de maio.

O empresario Rubén Brión presentou o proxecto Benboa no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

ruben-brionA presenza no país de boa materia prima na terra e no mar, así como xente cualificada para tratala foron as bases que fixeron posible o proxecto Benboa de Currubedo. Así o salientou un dos seu fornecedores, o empresario Rubén Brión na presentación deste complexo pioneiro que conxuga un mercado tradicional, cun espazo de restauración, cetaria e máis unha tenda de pratos preparados a domicilio. Levou máis de oito anos o seu desenvolvemento entre trámites burocráticos e o período de investigación necesario para obter os produtos finais coa calidade óptima.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL