Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

OVALMI presenta ao Concello de Nigrán as queixas dos comerciantes pola suba da taxa do lixo.

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) informa que "ante as queixas dos comerciantes" polas subas ata nun 80% do recibos pola recollida do lixo, mantivo unha reunión este luns co alcalde de Nigrán, Alberto Valverde. Tras a mesma, OVALMI emitiu un comunicado público no que recomenda a todos os comerciantes a concorrer ás oficinas do Concello ca fin de comprobar os datos de cada comercio cos do novo padrón municipal.

Ábrese inscricións para un curso de cestería rectangular en vimbio na parroquia de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

cestas-de-mimbre-rectangularesA Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 convoca un curso de cestería rectangular en vimbio, que comezará o vindeiro luns dia 10 de febreiro e que se desenvolverá no local desta asociación (Escola infantil de Chan de Brito, Rúa da Igrexa, núm. 2) tódolos luns de febreiro e marzo de 18.00 a 20.30 (20 horas).

Malestar dos comerciantes de Nigrán tras recibir até un 80% de aumento na factura do lixo.

Correo-e Imprimir PDF

recibo rsu nigran 2013A máis dun hosteleiro caironselle os pratos cando viu o montante da taxa pola recollida do lixo emitida nestes días dende o Concello de Nigrán.  A administración local efectuou unha actualización dos importes que nalgúns casos incrementou os recibos nun 80% co respecto ao 2013. Pequenos locais que non chegaban a pagar 250€ recibiron facturas de ata 400€, segundo denunciou o PSOE na tarde deste martes. O alcalde Alberto Valverde (PP) deféndese e afirma que non alterou o valor da taxa senón que o Concello fixo unha actualización do padrón municipal e das medidas dos locais. Afirmación esta que desmenten desde filas socialistas pois aseguran que non tivo lugar ningún tipo de inspección. O rexedor anuncia unha convocatoria para aclarar o tema cos empresarios e revisar cada caso para contrastar se as variacións son axeitadas á realidade de cada local . Agrega que esta modificación non afecta ás vivendas unifamiliares, ainda que esta afirmación ven con trampa xa que este ano si que se verán afectados cunha suba do 3% dado que o pago é a ano vencido. A conxelación dos impostos non será efectiva até 2015.

Abren inscricións para un curso de iniciación á informática no Centro Antena de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, a través da Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten prevista a realización no mes de febreiro dun curso de "Iniciación á informática", dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no no municipio que queiran adquirir coñecementos nesta área.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), se desenvolverá do 3 ao 24 de febreiro, durante os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, estando aberto o prazo de inscricións do 20 ao 29 de xaneiro.

Últimos días para inscribirse no curso de animación e tempo libre en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán informa que quedan seis prazas libres para o curso "Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre", organizado pola concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL