Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Curso de cestaría no Centro Cultural das Angustias.

Correo-e Imprimir PDF

cesteria1O Concello de Nigrán ofrece, en colaboración co Centro Cultural das Angustias un taller de cestaría. O curso impartirase no local social da asociación os días venres en horario de 17.00 a 19.00 horas, desde o 24 de xaneiro e cunha duración dun mes. As inscricións abriranse o luns 13 de xaneiro, e poderán formalizarse no CIM, na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, número 65, no teléfono 986 383 081 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Veciño de Nigrán gaña a batalla ao Banco Santander

Correo-e Imprimir PDF

-Veciño de Nigrán obtén a devolución de 250 mil euros colocados en participacións preferentes polo Banco Santander.
-A sentenza engade o pago dos intereses correspondentes e os custes dun xuízo anterior elevando a suma a 300 mil euros.

O BNG presenta iniciativa para evitar os cortes do servizo eléctrico a familias en situación de pobreza.

Correo-e Imprimir PDF

-O BNG reclama ao alcalde de Gondomar que trate no Pleno unha moción que garanta o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza.  Os nacionalistas esixen un acto de sensibilidade cando medra o número de familias que carecen deste servizo pola imposibilidade de facer fronte ao pago das facturas da luz.

Os colectivos sociais de Gondomar fornecen o banco de alimentos solidario.

Correo-e Imprimir PDF

Coa recollida de máis de 150 quilos de alimentos no Centro Cultural de Mañufe, a Concellería de Benestar Social de Gondomar salienta o labor veciñal no fornecemento do banco de alimentos municipal. Patricia Durán, concelleira responsable, agradeceu as achegas que nesta materia fixeron tamén a escola infantil Galiña Azul, o Centro Cultural de Borreiros, o mercadiño das mulleres de Borreiros e os máis de 400 Papá Noeles moteros que visitaron Gondomar o pasado día  22.

Apertura de inscricións para un curso de agricultura ecolóxica da Asociación A Groba.

Correo-e Imprimir PDF

agri ecoA Asociación Ecoloxista A Groba organiza no Centro Neural de Gondomar, no Campo das Cercas o seu primeiro curso de iniciación á agricultura ecolóxica para pequenas hortas. Durante oito sesións os monitores Luis Lameiro e Xoán Carlos Vilariño desenvolverán un programa formativo que abrangue dende introdución á agricultura ecolóxica, as ferramentas básicas, os tipos de bancais, cultivos, control de malas herbas, etc.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL