Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os colectivos sociais de Gondomar fornecen o banco de alimentos solidario.

Os colectivos sociais de Gondomar fornecen o banco de alimentos solidario.

Correo-e Imprimir PDF

Coa recollida de máis de 150 quilos de alimentos no Centro Cultural de Mañufe, a Concellería de Benestar Social de Gondomar salienta o labor veciñal no fornecemento do banco de alimentos municipal. Patricia Durán, concelleira responsable, agradeceu as achegas que nesta materia fixeron tamén a escola infantil Galiña Azul, o Centro Cultural de Borreiros, o mercadiño das mulleres de Borreiros e os máis de 400 Papá Noeles moteros que visitaron Gondomar o pasado día  22.

Durán, recoñece que "iniciativas como estas fannos sentir moi orgullosos da grande solidariedade dos nosos veciños e veciñas e axúdannos a seguir traballando para atender as necesidades dos que máis o necesitan, especialmente nestas datas tan sinaladas".