Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Apertura de inscricións para un curso de agricultura ecolóxica da Asociación A Groba.

Apertura de inscricións para un curso de agricultura ecolóxica da Asociación A Groba.

Correo-e Imprimir PDF
agri eco

A Asociación Ecoloxista A Groba organiza no Centro Neural de Gondomar, no Campo das Cercas o seu primeiro curso de iniciación á agricultura ecolóxica para pequenas hortas. Durante oito sesións os monitores Luis Lameiro e Xoán Carlos Vilariño desenvolverán un programa formativo que abrangue dende introdución á agricultura ecolóxica, as ferramentas básicas, os tipos de bancais, cultivos, control de malas herbas, etc.


Segundo sinalan desde A Groba, o curso está pensado tanto para os que xa practican esta actividade, como para os que estean pensando en montar a súa horta.
As sesións de unha hora de duración terán lugar os días 15, 22 e 29 de xaneiro e os días 5, 12, 19 e 23 de febreiro, no Centro Neural de Gondomar, sempre no horario de 20:45 horas.
Cun límite de 30 prazas, o curso ten un custe de 50 euros (25 para os socios de A Groba), e os interesados deben inscribirse a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo