Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Mercadona non recibe máis currículums para cubrir os 40 postos de traballo en Porto do Molle.

Correo-e Imprimir PDF

Ángel Martin, Gerente de Licencias de Mercadona Galicia, Alberto Valverde alcalde de Nigrán, Carmen Fernández, Responsable de Relaciones Institucionales de Mercadona Galicia, y Miguel Ferrando, Gerente de RRHH de Pontevedra, A Coruña e Ourense. Imaxe - Concello de NigránOs procesos de selección das empresas instaladas en Porto do Molle parecen desviarse das promesas políticas dos últimos anos de alcanzar acordos coas futuras empresas do parque empresarial co fin de dar prioridade aos veciños de Nigrán á hora de poder optar a un posto de traballo en contrapartida ao impacto xerado polo parque empresarial de 1 millón de metros cadrados.

O último en descartar a apertura dun proceso de selección foi a cadea de supermercados Mercadona. Onte a través da súa páxina oficial en Facebook, e tan só quince días despois de que os representantes da empresa valenciana visitaran Nigrán, Mercadona esvaeceu a esperanza de acadar algún dos 30 - 40 postos de traballo anunciados na visita institucional.

Galicia descende en máis de 18.600 casos o número de afiliados á Seguridade Social.

Correo-e Imprimir PDF

O número de habitantes de Galicia afiliados á Seguridade Social acadou a cifra de 916.759 a novembro de 2013. O que representa un descenso de 18.683 afiliacións co respecto ao mesmo mes en 2012, segundo os resultados dados a coñecer polo Instituto Galego de Estatística (IGE), no seu "Informe sobre afiliacións á Seguridade Social". A caída foi do 2% superior á diminución do 1,44% rexistrada no conxunto de España.
Só entre os meses de outubro e novembro deste ano tiveron lugar 4.573 baixas ao sistema, segundo o mesmo informe.

Vinte mozos e mozas de Nigrán inicianse no oficio de cociñeiros no restaurante A Queimada.

Correo-e Imprimir PDF

queimadaEste martes tivo lugar a inauguración do curso de cociña básica para mozas e mozos de entre 18 e 35 anos nas instalación do restaurante A Queimada, na Carrasca. Organizado polo Concello de Nigrán, o obradoiro convocou a dez mulleres e dez homes que nun mes traballarán en nocións de cociña básica, elaborando un prato e unha sobremesa cada día. O curso foi inaugurado pola concelleira de Patrimonio, Xuventude e Igualdade de Nigrán, María José Pino Fernández.

Gondomar abre o prazo de inscrición para o 2º curso de carretilleiro

Correo-e Imprimir PDF

-Os interesados/ás poderán inscribirse dende hoxe 30 de outubro ata o próximo 6 de novembro
Dende o Concello de Gondomar infórmase que a Cámara de Comercio en colaboración coa Concellaría de Emprego organizan o segundo curso de carretillero, debido á gran demanda do último curso da mesma especialidade celebrado no mes de maio.

O Centro Neural de Gondomar acollerá un curso sobre redes sociais e hostalaría

Correo-e Imprimir PDF

-Terá lugar o mércores 30 de outubro, ás 18.00 horas
A Antena Cameral do municipio da Cámara de Comercio en colaboración coa Concellaría de Comercio do Concello de Gondomar organiza o curso "Como funcionan as redes sociais na hostalaría?" co obxectivo de coñecer os beneficios da aplicación das novas tecnoloxías e modos de comunicación nos establecementos deste tipo, ademais de entender o seu funcionamento e descubrir como desenvolver as campañas axeitadas para alcanzar os obxectivos desexados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL