Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar abre o prazo de inscrición para o 2º curso de carretilleiro

Gondomar abre o prazo de inscrición para o 2º curso de carretilleiro

Correo-e Imprimir PDF

-Os interesados/ás poderán inscribirse dende hoxe 30 de outubro ata o próximo 6 de novembro
Dende o Concello de Gondomar infórmase que a Cámara de Comercio en colaboración coa Concellaría de Emprego organizan o segundo curso de carretillero, debido á gran demanda do último curso da mesma especialidade celebrado no mes de maio.

Durante o curso de 8 horas, que terá lugar o 11 e 12 de novembro no Centro Neural do municipio, impartiranse coñecementos, tanto teóricos coma prácticos, co obxectivo de formar os traballadores atendendo ás esixencias legais da lei de Prevención de riscos Laborais. Ademais realizarase unha aproximación práctica ao manexo seguro das carretas elevadoras, poñendo en práctica as técnicas seguras expostas na parte teórica, detectando e corrixindo os riscos principais do seu manexo.
Os interesados poderán inscribirse no Centro de Desenvolvemento Local, dende o día 30 de outubro ata o próximo 6 de novembro. Deberán acompañar a súa solicitude cunha copia do volante de empadroamento, fotocopia do DNI e unha fotocopia da cartilla de demandante de emprego. A actividade, que é gratuíta, conta con 20 prazas e terán preferencia os que conten cunha maior antigüidade no INEM.