Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Centro Neural de Gondomar acollerá un curso sobre redes sociais e hostalaría

O Centro Neural de Gondomar acollerá un curso sobre redes sociais e hostalaría

Correo-e Imprimir PDF

-Terá lugar o mércores 30 de outubro, ás 18.00 horas
A Antena Cameral do municipio da Cámara de Comercio en colaboración coa Concellaría de Comercio do Concello de Gondomar organiza o curso "Como funcionan as redes sociais na hostalaría?" co obxectivo de coñecer os beneficios da aplicación das novas tecnoloxías e modos de comunicación nos establecementos deste tipo, ademais de entender o seu funcionamento e descubrir como desenvolver as campañas axeitadas para alcanzar os obxectivos desexados.

O curso, que se desenvolverá no Centro Neural do municipio, terá lugar o vindeiro mércores día 30, ás 18.00 horas. A asistencia é gratuíta previa inscrición. Os/as interesados/as en participar aínda poden apuntarse chamando o 986 369 900.