Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Abren inscricións para un curso de iniciación á informática no Centro Antena de Nigrán.

Abren inscricións para un curso de iniciación á informática no Centro Antena de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán, a través da Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten prevista a realización no mes de febreiro dun curso de "Iniciación á informática", dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no no municipio que queiran adquirir coñecementos nesta área.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), se desenvolverá do 3 ao 24 de febreiro, durante os luns, mércores e venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, estando aberto o prazo de inscricións do 20 ao 29 de xaneiro.


As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego de Nigrán, xunto coa documentación que nela se especifica.
Para ampliar información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000 ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .