Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía #Nigrán oferta un curso gratuíto de técnicas administrativas básicas para persoas desempregadas.

#Nigrán oferta un curso gratuíto de técnicas administrativas básicas para persoas desempregadas.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán ofrece un curso de "Técnicas administrativas básicas de oficina", de 150 horas de duración, dirixido prioritariamente a persoas desempregadas e empadroadas no municipio. O curso, se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), dos días 19 de maio ao 28 de xullo, os luns, mércores, xoves e venres, en horario das 10.00 a 14.00, estando aberto o prazo de inscricións do 28 de abril ao 10 de maio.

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego e na páxina web, e achegando copia do CNI e do CV.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986–366572 e co Departamento de Emprego, no 986-365000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .