Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Últimos días para inscribirse no curso de animación e tempo libre en Nigrán

Últimos días para inscribirse no curso de animación e tempo libre en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Nigrán informa que quedan seis prazas libres para o curso "Deseño, planificación e desenvolvemento de actividades de lecer e tempo libre", organizado pola concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude en colaboración coa Deputación de Pontevedra.


A actividade, enmarcada dentro do Programa Actívate 2013, comezará o vindeiro 27 de xaneiro, e está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. As solicitudes poderán formalizarse entre o 20 e o 23 de xaneiro, no Rexistro Municipal, e deberán ir acompañadas da fotocopia do DNI, a tarxeta do paro (no seu caso) e volante do padrón, agás as persoas empadroadas en Nigrán, que están exentas de presentalo.
Os requisitos para inscribirse no curso son ser residente en calquera concello da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes e estar en situación de desemprego. Máis información na oficina da OMIX de Nigrán, na Estrada pola Vía 65, Panxón, no teléfono 986 383 081 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .