Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso gratuíto de informática básica no Centro Antena de Baiona.

Curso gratuíto de informática básica no Centro Antena de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza boli

No Centro Antena "A Foz do Miñor" do Concello de Baiona impartirase a partir do próximo martes 15 de outubro, un curso gratuíto de informática básica. As clases prolongaranse ata o 30 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A acción formativa que terá unha duración de 40 horas, ten como obxectivo que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades básicas de informática nivel usuario.
Os interesados en realizar o curso deben inscribirse presentando o formulario que se lles facilitará no Rexistro do Concello de Baiona. A partir do martes 8 de outubro ata o 11 de outubro, ambos os dous inclusive.
As bases do curso pódense consultar no Rexistro do Concello e na páxina web do Concello: www.baiona.org.