Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Valminor.info afianza os seus datos de difusión con máis de 13mil lectores mensuais

Valminor.info afianza os seus datos de difusión con máis de 13mil lectores mensuais

Correo-e Imprimir PDF
Estatisticas valminor.info 2013
Estatisticas páxina de siareiros en Facebook 2013
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte


Valminor.info rompe coa barreira dos 13.000 lectores únicos mensuais e máis de 25.000 lecturas tan só no mes de agosto.

Os datos constanta que o idioma non supón un atranco para a difusión da información diaria, en contra dos experto que sinalan ao galego como un vehículo de comunicación "residual".

O pasado mes de agosto valminor.info volveu a romper as súas máximas de difusión afianzando o crecemento do medio nos útlimos anos. Os datos rexistrados por Google Analtycs amosan un incremento dun 43% en número de lectores con respecto ao período anterior de 2012.

O impacto en redes sociais tamén mellora os seus datos.

Os perfís de Facebook  achegan un resultado final de 5312 seguidores e seguidoras cun alcance de difusión de más 10.000 usuarios tan só na páxina de siareiros de Facebook.

Twitter tamén presenta datos positivos con máis de 1250 seguidores na rede de mensaxes curtas e un incremento do 34% respecto do mesmo período en 2012.

A emigración muda o mapa exterior de visitas.

Os datos de visitas por países tamén arroxan datos representativos dos colectivos de emigrantes que consultan a diario a información da comarca. Así neste ano, Reino Unido, Suiza e Alemaña desbancan as visitas chegadas dende Arxentina e Brasil, paises que até 2012 eran os principais paises de lectura dende o estranxeiro.

A crise e a emigración aumentan o número de lectores nas principais economías de Europa destino da emigración do Val Miñor. Por orde, Reino Unido, Suiza, Alemaña, Francia, Arxentina, Brazil e Estados unidos conforman o ranking dos principais paises de lectura no exterior.

Consolidación local.

A comarca de Vigo é a zona con maior peso de lectores de todo o medio, o que define o impacto efectivo que ten valminor.info na información de proximidade. A información local.

Seguien á comarca cidades como A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Santiago de Compostela, Bilbao, Ourense e Lugo, grazas á difusión acadada cos medios colaboradores como Galicia Confidencial e Praza Pública, que recollen puntualmente referencias ás publicacións da comarca nun ámbito de información autonómica.

Independencia do medio.

Valminor.info é un medio independente que non depende de ningunha subvención pública ou convenio. A súa sustentabilidade segue en mans dos seus impulsores e colaboradores, así como de  algunha inclusión publicitaria que garanten a independencia do medio.

Pese ás dificultades o medio segue en proceso de crecemento e melloras, e consolídase como o medio dixital de referencia na comarca.

Asociación de Medios en Galego

No ano 2013, valminor.info conxuntamente co resto de medios monolingües en galego, impulsan a creación da Asociación de Medios en Galego co fin de fortalecer a presencia do idioma propio de Galicia  e facer visible a súa importancia e reclamar un tratamento xusto como garante de normalización do uso do idioma nos medios.

Se quere colaborar con este medio pode facer unha achega económica por PayPal o conta bancaria. Ou se o prefires podes contratar un espazo publicitario para o teu negocio ou servizo.